percorrido de Xuanzang www.silk-road.com |
o
xeneral bizantino Manuel, cunha
flota de 300 naves, reconquista Alexandría.
Gallus,
monxe procedente de Hibernia, morre
en territorio franco, no mosteiro que fundara.
xullo:
en Carthago disputa teolóxica entre Máximo Confesor e Pyrrhos, ancián patriarca de Constantinopla; Pyrrhos acaba
renegando do monotelismo en presenza do propio Theodoro, bispo de Roma.
xullo,
10: prodúcese o chamado ‘incidente Isshi’, no que o príncipe Naka-no-Ōe e Fujiwara no Kamataria asasinan a Soga no Iruka, conselleiro imperial, durante un golpe no palacio
imperial. A emperatriz Kōgyoku é
deposta a favor de seu irmán máis novo Kōtoku
(49 anos), que é o 36º emperador do Xapón.
Taizong
cruza o río Liao e ataca Goguryeo, un
dos tres reinos de Korea.
xullo,
18: tropas Tang ao mando de Li Shiji
asedian Ansi.
setembro:
os chineses son incapaces de conquistar Ansi,
defendida polo xeneral Yang Manchun;
escasean as subministración e Taizong decide retirarse.
Naka-no-Ōe
convértese en sucesor ao trono e primeiro ministro. Os partidarios do
semilexendario príncipe rexente Shōtoku cobran gran importancia na corte.
iníciase
a era e as reformas ‘Taika’, baseadas nas ideas de Confucio e influencias
chinesas. Créase unha nova cidade en Naniwa
e trasládase a capital desde a provincia Yamato. A capital ten un porto
marítimo e permite establecer relacións comerciais e diplomáticas.
Penda
conquista Wessex e o seu rei Cenwalh, cuñado seu, debe refuxiarse
onde o rei Anna de East Anglia, onde é bautizado.
a
fame campa en Gwynedd, o que agrava a
situación de guerra civil; ata o punto de que o rei Cadwaladr Fendigaid foxe a Bretaña.
Plato,
exarca de Ravenna, invade o sur do
val do Po pero os lombardos de Rothario
derrótano nas ribeiras do río Panaro
(Módena) e morren 8000 efectivos bizantinos.
Xuanzang
regresa a China logo de 16 anos de viaxe a India, sendo recibido con grandes
honores por Taizong.
Ningún comentario:
Publicar un comentario