xaneiro, 25: vitoria de ibn al-Ash’ath sobre
os umayyad en Tustar sobre as forzas
do gobernador. Establécese en Kufa en
marzo.
setembro, 8: morre Serxio I.
outubro, 30: Xoán VI, novo bispo de Roma, coa
oposición de Tiberio III.
publicación do código Taiho en Xapón, o que implica, sobre todo, a centralización do
poder; por exemplo, o emperador é agora o dono de todas as terras.
Raxinperto sublévase contra Liutperto
e Ansprando, a quen vence nas proximidades de Novara. Raxinperto, sen embargo, morre e sucédeo seu fillo Ariperto
II.
Ariperto II, que ataca a Liutperto en Ticinum, fai que o estrangulen e procede
de xeito brutal contra a familia de Ansprando, que foxe cara Baviera.
os musulmáns vencen os bérberes na batalla de Taharqa e al-Kahina morre na
retirada.
morre Asparukh, sucedido polo seu fillo Tervel
como khan búlgaro.
batalla de Dayr
al-Jamajim, na que o califa Abd al-Malik ibn Marwan reforza a Al-Hajjaj
ibn Yusuf e enfróntase a un exército de 200000 homes dirixidos por Abd
al-Rahman ibn Muhammada ibn al-Ash’ath, cerca de Kufa, que é derrotado; conclúe a rebelión contra o califato umayyad.
Muhammad ibn Marwan invade Armenia, ao
leste do Éufrates e o comandante Baaner réndese; a poboación acepta un
gobernador musulmán.
os musulmáns da península Arábiga destrúen o porto de
Adulis, controlado polos etíopes de Aksum.
prolóngase unha gran seca en Hispania, ao que se suma un andacio de peste. Witiza trata de mellorar a imaxe da monarquía decretando amnistía contra os nobres perseguidos por seu pai, restituíndolles os bens. Detén tamén as medidas tomadas contra a comunidade xudía, que pasa a apoialo nas súas políticas.
Xisulfo de Benevento lanza un ataque contra o exarcado de Ravenna e aprópiase dunha parte do mesmo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario