hipódromo de Constantinopla, reconstrución www.estambulguias.com |
febreiro,
15: Leontios é sacado á forza do
mosteiro no que estaba recluído e enviado ao hipódromo xunto con Tiberio III, inalmente capturado. Alí Xustiniano II preside un espectáculo de
carreiras de carros mentres Leontios e Tiberio III están tirados no chan,
frente ao trono imperial e uns soldados os humillan pisándolles o pescozo, coa multitude
cantando o 13º verso do salmo 91: ‘pisaredes o león e a víbora’. O león
era Leontios, e a víbora (aspis, en
grego) era Tiberio III, cuxo verdadeiro nome era Aspimar. Logo dos xogos, Leontios e Tiberio III son executados, e a
continuación Xustiniano II ordena a persecución e morte contra todos os que os
apoiaran ou son sospeitosos de telo feito.
o
patriarca Kallinikos I tamén cae,
sendo sucedido por Kyros.
Corvulus de Friuli é
arrestado por Ariperto II, ordenando
que lle quiten os ollos e sendo reemprazado por Pemmo, que comeza unha guerra contra os eslavos de Carinthia.
xullo,
2: Zhong Zong ordena soterrar os
restos de súa nai Wu Zetian, outro
fillos seu Li Xian, un neto Li Chongrun, e unha bisneta Li Xianhui; todos xuntos no mesmo
mausoleo onde están seu pai e o marido de Wu Zetian, o emperador Gao Zong, nas aforas de Chang’an, o mausoleo Qianling.
Berhtwald,
arcebispo de Canterbury, é obrigado
polo papa a reunir o sínodo de Nidd
(en Northumbria).
Nechton mac Derelei, rei
picto, tenta manter boas relacións cos anglo-saxóns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario