dirham de Marwan II |
Abd al-Rahman
ibn Habib,
neto de Uqba ibn Nafi, gobernador de
Ifriqiya, proclámase independente de
Túnez.
marzo, 2: sínodo de Soissons para toda a igrexa franca,
que acaba coa condena de Adalberto a
instigación de Pipino e Bonifacio. Adalberto sementara de
cruces de madeira o territorio e animara a xente a rezar onda elas. O sínodo
condénao ao silencio e a arrancar todas as cruces sementadas.
abril, 17: al-Walid
II é asediado e asasinado na súa fortaleza de Bakra, cerca de Palmira, por
forzas xiítas baixo Sulayman ibn Hisham. O seu sucesor é Yazid III, curmán seu.
xullo: turcos baixo Uyghur,
Karluk e Basmyl, con axuda Tang, non membros do clan de Ashina, perpetran un
golpe e matan ao último kaghan Ozmich e acaban co citado clan fundando
o imperio Ouigour.
setembro, 25: morre Yazid III dun tumor cerebral,
sucedido polo seu irmán Ibrahim, quen
so é recoñecido en partes de Syria.
Contra el álzase Marwan II, umayyad, que se considera vingador de
al-Walid II.
o conde alamano Theudebald
rebélase en Alsacia mais Pipino recobra o control da rexión.
outubro: Hildeprando é derrocado por un concilio de
nobres debido á súa incompetencia, sendo sucedido polo duque de Friuli, Ratchis, que asina un tratado de paz
con Zacarías. Duque de Friuli é
agora Aistulfo.
o bérber Salih ibn
Taif proclámase profeta e funda o reino de Bargawata (oeste de Marrocos).
constrúese o 'wat's
dyke' con terra, que será fronteira entre Mercia e Powys.
outubro: revolta xií
en Kufa por parte de Abd Allah ibn
Muawiya que se estende a outras zonas.
novembro, 18: vitoria de Marwan II en Anjar sobre as forzas de Ibrahim, quen
se somete.
decembro, 7: Marwan II entra en Damasco, sendo recoñecido
como califa. Instálase en Harran.
Ningún comentario:
Publicar un comentario