sábado, 19 de decembro de 2015

745

Aquitania integrada no imperio franco
es.wikipedia.org
Xuan Zong introduce na corte como concubina a Yang Yuhuan, sacerdotisa taoísta, que vai introducindo afíns e parentes en postos relevantes.

Ciríaco, rei de Nubia, emprende unha expedición en defensa do patriarca de Alexandría contra ao dominio musulmán.

morre Rotperto, vir magnificus de Agrate. Lega catro facendas, dous arrendamentos e dous agros ás súas herdeiras e á igrexa. O seu testamento reflicte un patrimonio para vivir confortablemente, pero non abondo para sufragar un sistema de intercambio entre rexións, ou manter un poderoso séquito armado, ou fundar unha igrexa luxosa, ao mesmo tempo que se lega unha propiedade importante. A Italia lombarda é economicamente modesta en comparanza coa Gallia. Os mellor situados son os pequenos e medianos propietarios e pequenos rentistas. Forman o exército como exercitales, e a miúdo usan títulos militares coma vir devotus, inda que rara vez se lles convoca; e cando o fan son ser pouco útiles. O seu enorme número explica tamén o reducido das posesións dos grandes aristócratas, en comparanza.

o rei lombardo é poderoso (froito das posesións, non dos impostos) en relación aos aristócratas, relativamente febles. Italia ten unha rede de cidades cunha vida urbana vital e unha maquinaria administrativa relativamente eficiente.

Hunaldo de Aquitania profesa nun mosteiro, sendo sucedido por Waifar.

a peste bubónica mata un terzo da poboación de Anatolia e penetra no Peloponeso.

o novo imperio turco esténdese dende o Baikal ata o Balkash, baixo a tutela chinesa Tang. Bayan Tchor é o seu primeiro dirixente.

Estiria, Carniola e Eslovenia aceptan a soberanía dos duques de Baviera.

cristianización dos eslovenos: o príncipe Borut fai instruír na fé católica ao seu fillo Gorazd e o seu sobriño Hotimi.

Ningún comentario:

Publicar un comentario