unha cova do Courel atesoura a
historia da gandaría en Galiza. Alí investigadores do Instituto de Xeoloxía ‘Isidro Parga
Pondal’ atoparon restos de animais que falan da existencia de
pastoreo extensivo nesta zona durante os ss. v-vi.
o estudo do restos da cova de Tara foi
realizado por Aurora Grandal, Mónica Pérez Rama e Marcos
Vaqueiro, e céntrase nuns ósos de vaca achados na cova xunto con diversos
vestixios doutras especies domésticas e salvaxes, como cabras, ovellas e
cervos.
cova de Tara www.pinterest.com |
a presenza dos restos apunta a que caeron pola boca da
gruta de xeito accidental, xa que ten unhas dimensións reducidas, adoita en
inverno ser cuberta pola neve e funciona como unha trampa natural. A
análise dos ósos permitiu datar os animais. A proba do carbono 14 revelou
unha antigüidade de entre 1.540 e 1.488 anos, co que sabemos que vivían
entre os anos 410 e 585, polo tanto durante o reino suevo de
Galicia.
os investigadores tamén certifican que as reses non
foron sacrificadas e consumidas pois non se atoparon marcas. A cova está
situada a 1.035 metros de altitude, nunha zona illada que estaba
poboada na época. Tamén están próximos algúns poboados castrexos como o do monte
Cido.
as dúas vacas tiñan como característica unha talla
reducida. Unha delas non alcanzaba o metro de alto (97,6 cenímetros) na
cruz. Este dato é importante, porque durante a época romana foron introducidas
en Callaecia especies de vacas de maior porte, e polo tanto con máis
aproveitamento cárnico. Pero o descubrimento destas reses pode significar que
non toda a cabana bovina galega mudou durante a dominación romana. E que, en
zonas illadas como o Courel, ben puideron sobrevivir especies
autóctonas de menor tamaño.
ademais, os investigadores analizaron os dentes destas
vacas e atoparon que consumían alimentos pouco abrasivos, como
herba, fentos ou follas. O cal encaixa cun modelo de gandería extensiva, na que
os animais andan libres polo monte, sen estar estabulados.
outra das análises do estudo, publicado na revista ‘Cadernos’ do propio Instituto Xeolóxico Parga
Pondal, revela que os animais tiñan uns tres anos de idade, o que
fai sospeitar que non se empregaban para o consumo, senón para a cría de
tenreiras que logo eran consumidas.
resumo por @xindiriz
fonte: gciencia
Ningún comentario:
Publicar un comentario