representación de Childerico III www.datuopinion.com |
febreiro,
6: Hisham ibn Abd al-Malik morre;
sucédeo o seu fillo al-Walid II, que
mete preso a Khalid al-Qasri,
anterior gobernador de Iraq; faino torturar polas súas crenzas contrarias ao
islam.
marzo,
1: concilium germanicum de Leptines:
primeiro gran sínodo celebrado no leste dos territorios francos, organizado por
Carlomán e presidido por Bonifacio, xa consolidado na súa
posición de líder da igrexa franca. Son prohibidas as prácticas máxicas e
astrolóxicas; institúese a precaria verbo
regis, que regula a práctica da confiscación de bens eclesiásticos; condena
de crenzas e cerimonias como a vince luna
('lúa, túa é a vitoria'): o clero apóiase no opúsculo natura rerum (Isidoro) para explicar 'cientificamente' os eclipses
lunares, e debe loitar para que se asente a noción da muller como ser humano e
non cósmico; precísase que algúns cren que 'as mulleres entréganse á lúa para facerse
co corazón dos homes igual que facían os pagáns'. A muller segue a ser
'considerada' como misterio, ora benéfica ora maléfica, orixe de pracer e
desgrazas, pureza terrorífica mais tamén impureza destrutiva.
marzo,
3: para lexitimar a súa posición Pipino
saca dun mosteiro a Childerico III 'o
estúpido', suposto 'fillo' de Chilperico
II e faino rei.
abril,
1: Zacarías responde a Bonifacio,
que se queixa do estado 'deplorable' dos cregos, que non coñecen o latín e
viven en concubinato.
a
poesía chinesa pasa por unha idade dourada; destacan Li Bo e Du Fu.
morre
Teodomiro, o godo que inda
conservaba a súa autonomía no SE de al-Andalus,
sendo sucedido polo seu fillo Atanaxildo.
o
sistema de anotación de Victorius de
Aquitania inda funciona en Britannia,
onde se elabora unha listaxe dos reis de East-Anglia,
con dobre datación: a de Victorius e a de Dionisio.
primavera:
Pipino e Carlomán atacan os eslavos, saxóns e alamanos baixo os duques bávaro Odilo e alamano Theudebald, que foxen logo de ser derrotados en Lech.
Aethelbald de Mercia e Ceolred de Wessex atacan xuntos os reinos britanos de Gwent e Powys.
nova
revolta en Kufa.
verán:
Artabasdos é novamente derrotado por
Constantino V, agora recoñecido como
basileus. O usurpador e o seu fillo Niketas son cegados en público e
encerrados no mosteiro de Chora.
Constantino
prosegue a súa política iconoclasta. Tamén reforma a 'Garda Imperial' e converte
os efectivos en unidades de elite de cabalería e infantería chamadas tagmata; usa estas tropas en campañas
contra unha rebelión interna no NO de Anatolia e para campañas ofensivas contra
atacantes musulmáns e búlgaros.
xuño,
29: entrevista de Ticinum entre
Zacarías e Liutprando, quen se ten
beneficiado das disensións entre Roma e os bizantinos. Mais o bispo de Roma
apoia, a petición do exarca, que o
lombardo acorde unha paz co imperio.
Odilo
de Baviera axuda a Boruth, knyaz dos carantanios, contra os ataques
avaros. A cambio, Boruth acepta a súa soberanía e faise cristián.
Shōmu muda a lei da 'propiedade perpetua
das terras de cultivo', o cal permite que aristócratas e cregos cultiven a
terra: as novas terras chámanse shoin.
Pipino e Carlomán emprenden unha reforma eclesiástica reflectida nas 'capitularia': cada cidade debe posuír un bispo e todos os cregos da diocese deben prestarlle obediencia; monxes e monxas deben ter autorización para vivir fóra das súas congregacións; deben retornarse as posesións detraídas á Igrexa; os metropolitanos son restaurados nas súas funcións; os cregos deben acudir aos sínodos provinciais; os cregos fornicadores e os adúlteros deben cumprir penitencia.
Pipino e Carlomán emprenden unha reforma eclesiástica reflectida nas 'capitularia': cada cidade debe posuír un bispo e todos os cregos da diocese deben prestarlle obediencia; monxes e monxas deben ter autorización para vivir fóra das súas congregacións; deben retornarse as posesións detraídas á Igrexa; os metropolitanos son restaurados nas súas funcións; os cregos deben acudir aos sínodos provinciais; os cregos fornicadores e os adúlteros deben cumprir penitencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario