reconstrución de Chang'an www.city-data.com |
Liutprando segue ameazando Roma pero Zacarías pacta con el e ofrécelle a súa
axuda contra os duques de Spoleto e Benevento.
a
situación de Pipino en Neustria é precaria debido á súa orixe
austrasiana.
marzo:
Hunald I, duque de Aquitania e
Vasconia, en rebeldía dende a morte de Carlos, é atacado por Pipino e Carlomán en Bourges; destrúen tamén o
castelo de Loches. Hunald non se somete mais non é quen de evitar que arrasen o
país.
derrotado
Hunald, Pipino e Carlomán atacan e someten os alamanos, dirixidos polo duque Theudebald.
abril
- maio: o gobernador de Exipto Handhala
ben Safwan intervén no Maghreb contra os bérberes kharidjitas rebeldes e derrótaos en dúas batallas en al-Qarn e
el-Asnam (Chlef en Alxeria) despois de ser atacada a propia Kairouan polos rebeldes.
maio:
vitoria de Constantino V sobre Artabasdos, que se refuxia en
Constantinopla.
agosto:
tratado de Terni entre Zacarías e Liutprando,
polo que o lombardo retorna posicións conquistadas en 739.
outubro,
1: Chrodegang, vello chanceler de
Carlos Martelo, é nomeado bispo de Metz.
Teodato Ipato, dogo
de Venecia, logo da morte de seu pai Orso,
transfire a sé ducal de Eraclea a Malamocco.
os
eslavos combaten os francos, aliados cos bávaros.
Trasamundo é desposuído por Liutprando e
recluído nun mosteiro.
Xisulfo II, duque de Benevento.
Hisham permite ocupar a sé de Antioquía logo
de corenta anos vacante; o elixido leva o nome de Estevo IV.
Abd al-Malik ibn Katan
al-Fihri, wali de al-Andalus, suprime a rebelión bérber na
rexión de Mértola.
Xuan Xong comeza a favorecer o taoísmo en
detrimento do budismo, adoptando o título de tianbao ('tesouros celestiais'); o número total de homes alistados
no exército medra ata medio millón debido ás reformas militares efectuadas.
o
censo conservado para Chang'an e a
súa área metropolitana de Jingzhou indica 362921 familias rexistradas cun total
de 1960188 persoas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario