www.snipview.com danevirke |
batalla
de Avignon: Carlos Martelo envía a
seu irmán Childebrando I, duque de Burgundia, a asediar a cidade; cando
chega, Carlos mesmo participa no asalto aos muros usando esqueiras de cordas e arietes.
batalla
de Narbo: Carlos é incapaz de tomar a
cidade. Un exército lombardo baixo Liutprando
cruza os Alpes para axudar os francos e expulsar os musulmáns de Septimania. Mentres, Maurontus, duque de Provenza, rebélase
dende Marsella, ameazando a retagarda franca.
Carlos
Martelo derrota os musulmáns en Arelate.
batalla
do Berre: forzas francas baixo Carlos Martelo interceptan un enorme exército
musulmán provinte de al-Andalus
dirixido por Uqba ibn al-Hajjaj para
liberar Narbo. Os francos derrótano
na boca do río Berre, ao NO de Marsella, e conducen aos superviventes cara
unhas marismas, facendo numerosos prisioneiros. A expansión umayyad en Gallia sofre un golpe definitivo.
Orso Ipato é asasinado a instigación de Eutychius, exarca de Ravenna; sendo
sucedido por Domenico Leoni, cuarto dogo de Venecia.
Ongendus, rei dos daneses, reforza o danevirke, fortificación en
Schleswig-Holstein.
morre
Theuderico IV pero Carlos Martelo
non considera preciso nomear sucesor, e impide que reine o fillo de Theuderico,
Childerico III, a quen fai profesar
nun mosteiro. Tampouco asume el o trono, nun xesto de prudencia.
morre
Paio, sucedido por Fafila.
Walprando, bispo de Lucca; é fillo de Walperto,
duque da cidade. Cada cidade lombarda, co seu goberno e tribunais locais, e
tamén coas súas estruturas episcopais, é o centro da actividade política da
elite do seu territorium. Tamén son
centro da identidade militar local (como en Sienna,
730, no caso do exercitus Senensium
civitatis).
Trasamundo II de Spoleto ocupa Gallese, cortando o paso entre Roma e Ravenna. Gregorio III
ofrece unha forte suma ao duque de Spoleto para recuperar a praza. O duque de
Benevento, que tamén pretende independizarse do seu rei, únese á alianza.
Liutprando reacciona declarando traidor a Trasamundo.
Ceolwulf de Northumbria profesa nun mosteiro e é sucedido por
Eadberht.
os
cristiáns invaden Exipto dende o sur coa finalidade de protexer o patriarca de
Alexandría.
Theodobald é duque dos alamanos.
os
xázaros dirixidos por Hazer Tarkhan
derrotan os musulmáns nas proximidades do río Volga e obríganos a retroceder.
setembro,
30: os turgesh fan retroceder os
musulmáns dende Khuttal, fanos cruzar o río Oxus cara o sur e capturan o seu
tren de subministracións. En inverno, os turgesh
e os seus aliados en Transoxiana lanzan unha gran contraofensiva pero son
detidos.
Xuan Zong amplía o período de estancia dos
homes no exército para que a maior experiencia faga máis eficientes as tropas.
amaina
a epidemia de varíola en Xapón, que durou tres anos e reduciu a poboación nun
terzo.
en
China, na actual Yunnan, Piluoge
unifica o reino de Nanzhao coa axuda dos Tang.
os
musulmáns do Sind fundan unha nova capital, Mansura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario