Offa's Dyke English Heritage |
Constantino V volve
invadir territorios controlados polos búlgaros.
Peredus, aristócrata e bispo
de Lucca, consagra a catedral; documéntanse
numerosas doazóns á igrexa.
Pipino conquista Carcassone, Tolosa, Rodez, e Albi. Waifer de Aquitania confisca as terras da igrexa e saquea Borgoña.
Pipino resposta invadindo Berry e Auvernia e capturando Bourbon e Clermont. Os
vascos que combaten con Waifer son aniquilados e os superviventes son
deportados ao norte xunto coas súas familias.
abril:
o duque Autchairo e o bispo Remedius, legados de Pipino, asinan un
acordo con Desiderio. Paulo I renuncia ás súas
reivindicacións territoriais, así como ás súas intencións de influencia Spoleto e Benevento.
maio,
20: os rexistros falan do cometa Halley.
batalla
de Hereford: os britanos de Brycheiniog, Gwent, e Powys derrotan a
tropas de Mercia baixo Offa, liberándose da súa influencia.
Offa
ordena construír un dique (240 kms de lonxitude) de terra, que marca a
fronteira entre anglo-saxóns e britanos.
Xuan Zong é arrestado polo
oficial eunuco Li Fuguo, que segue
ordes do emperador Su Zong e é
nomeado comandante da garda imperial.
DosPilas é abandonada logo
dunha sublevación vitoriosa de Tamarindito
e Petexbatún.
Froila I derrota continxentes
musulmáns en Callaecia.
Aethelred I,
rei de East Anglia.
eruditos musulmáns adoptan a numeración hindú e desenvolven conceptos de
álxebra e trigonometría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario