castelo de Lunghezza, nas proximidades de Roma www.wikiwand.com |
batalla
de Eildon: Aethelwald de Northumbria somete unha rebelión baixo Oswine, que morre logo dunha batalla
que dura tres días.
Bridei V sucede a seu irmán Óengus I como rei picto.
Froila I consagra unha igrexa
a Vicente de Lérins en Ovetao, fomentando
o asentamento na 'nova' cidade.
finaliza
a construción do castelo de Lunghezza,
que inclúe 108 cuartos, nas proximidades de Roma.
o
califato reconquista Kairouan,
obrigando a 'Abd al-Rahman ibn Rustam
a marchar cara o oeste, onde funda un estado autónomo con centro en Tihert.
Khurshid II, spāhbed de Tabaristán, suicídase con veleno ao saber que a súa familia foi
capturada polos abbasíes.
o
sacerdote Dōkyō 'cura' a emperatriz Kōken con oracións e pocións;
converténdose no seu favorito, e provocando ciumes e suspicacias do emperador Junnin.
unha
gran fame na área do Huai-Yangtze
empurra á xente a episodios de canibalismo.
Telets, da liñaxe Ugain, khaghan búlgaro, en sucesión de Vinekh.
maio,
16: execución do monxe iconódulo Pedro o
Calibita; Constanino V impón os
canons do concilio de Hiéreia, e
persegue os que non os aceptan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario