luns, 14 de novembro de 2016

762

plano de Bagdad
histoireislamique.wordpress.com
xuño: batalla de Anchialus: unha forza expedicionaria bizantina (800 barcos e 9600 homes a cabalo) chega a Thracia para defender Anchialus, na costa do mar Negro contra os búlgaros. O khaghan Telets bloquea os pasos montañosos e toma posicións nos altos cerca da cidade. Logo dunha carga os búlgaros son derrotados e moitos capturados. No triunfo conseguinte en Constantinopla son executados todos os prisioneiros.

xullo, 30: al-Mansur decide que Kufa non é segura e decide fundar unha nova capital na beira do Tigris, nun asentamento chamado Bagdad. Ctesifonte, antiga capital persa, é empregada como canteira de materiais de construción e ornamentos para a nova cidade.

os funcionarios sirios de fala grega son substituídos por iranios; o visir persa Khalid 'o barmáquida' exerce o poder en nome do califa, burocratizando máis e máis o imperio.

morre Aethelbert II de Kent, sendo sucedido polo seu sobriño Eadberht II, que tamén morre, sendo á súa vez sucedido por Ealhmund.

Aethelwald de Northumbria casa con Aethelthryth, en Catterick.

al-Ala ibn Mugith, partidario abbasí, é derrotado por forzas leais a Abd al-Rahman I, en Beja.

setembro, 25 ('revolta Alida'): Muhammad al-Nafs al-Zakiyya, descendente de Alí, pretende o califato e rebélese en al-Madinat secundado en Basra por seu irmán Ibrahim ibn Abdallah. O xeneral Isa ibn Musa logra atrapar en Damasco a Muhammad, que é derrotado e decapitado (decembro, 6); logo marcha contra Ibrahim, que ameaza Kufa.

Li Fuquo asasina a emperatriz Zhang, muller de Su Zong, que morre pouco despois dun ataque cardíaco, sendo sucedido polo seu fillo Dai Zong, que fai asasinar a Li.

Ningún comentario:

Publicar un comentario