cáliz de Tassilo III www.heiligenlexikon.de |
Isa ibn Musa derrota
a Ibrahim ibn Abdallah, morto en
batalla a causa dunha lanzada.
febreiro
17: Shi Chaoyi afórcase para evitar
ser capturado por forzas tang
enviadas por Li Huaixian, poñendo
fin á guerra (revolta An Lushan). China queda sumida nunha grave crise
demográfica, económica e social. O estado aumenta as cargas fiscais e moitos
pequenos campesiños deben vender as súas terras e facerse servos. Moitos
comerciantes tamén sofren confiscacións.
Tassilo de Baviera
establece unha alianza matrimonial cos lombardos ao casar con Liutperga, filla de Desiderio; rexeita a chamada anual
franca.
maio,
1: Pipino celebra a asemblea anual
en Nevers e logo pasa o Loira e invade o Limousin; nova derrota do duque de
Aquitania Waifar.
maio
22 (día de Pentecostés): o bispo de Epiphania
(Syria) é acusado de roubar os vasos
sacros. Os patriarcas de Antioquía, Xerusalem e Alexandría, reunidos en sínodo
en Xerusalem excomúngano. Deste xeito, rexeitan as disposicións do concilio de Hiéreia e publican a súa sentenza nunha
carta sinodial que envían a Paulo I.
Paulo Diácono
dedica un poema a Adalperga, outra
filla de Desiderio e Ansa,
celebrando a súa maternidade.
agosto:
tropas bizantinas invaden os estados papais coa axuda de Desiderio. Pipino
intervén e comeza negociacións cos lombardos e con Paulo I. Desiderio promete
finalizar as hostilidades a condición de que Pipino libere reféns lombardos.
Ciniod I
sucede a Bridei V como rei picto.
novembro,
18: forzas tibetanas baixo Trisong
Detsen ocupan a capital tang durante
quince días e instalan un emperador propio; os tibetanos apodéranse dos pastos
para os cabalos.
o
ducado de Neapolis faise autónomo
fronte a Constantinopla.
en
Carintia o duque Hotimir reprimes as
revoltas en reacción contra a crecente cristianización imposta polas elites.
Ningún comentario:
Publicar un comentario