Axilulfo es.wikipedia.org crónicas de Nüremberg, 1493 |
Mauricio envía un exército (35000 homes) baixo Narsés, magister militum per Orientem en substitución de Comentiolus, a Mesopotamia; avanza
sobre Mardes, cerca de Dara, onde están Cosroes II e o bispo Domiciano
de Melitene. Os árabes da zona toman partido por Cosroes II, quen lle envía
as chaves da cidade a Mauricio, quen á súa vez confirma a adopción de Cosroes
II como fillo.
Narsés avanza ata 150 kms de Mosul, onde recibe reforzos
desde Armenia. O xeneral persa Mabad
faise con Ctesiphonte e proclama rei
a Cosroes, masacrando os partidarios de Bahram
VI.
unha forza expedicionaria bizantina pasa desde Iberia (Cáucaso) a Media (Azerbaijan).
febreiro, 9: Zadesprate,
oficial ao servizo de Bahram VI, é asasinado e a súa cabeza enviada a Cosroes
II, que prepara unha contraofensiva en Constantinia.
maio: Axilulfo,
chamado ‘o turinxio’, rei lombardo logo de ser alzado no escudo cerimonial por
guerreiros lombardos en Mediolanum.
Casa con Teodelinda, viúva de Authario e bautízase católico.
Gregorio I usa o seu exército como arma de presión contra Axilulfo
en combinación cuns donativos adecuados para gañar a confianza do lombardo.
maio, 21: unha pista de xogo de pelota é dedicada aos
deuses na cidade maia de Chinkultic.
xuño, 9: carta de Gregorio I a Virxilio de Arelate e Theodoro
de Marsella, no que os critica por permitir o bautizo forzoso de xudeus.
Culpa o bispo de Terracina por
expulsar os xudeus da sinagoga. Desexa que se convertan pola convicción.
Cúlpaos de posuír escravos cristiáns.
xuño: batalla de Blarathon:
o exército de Bahram VI (40000 homes) é derrotado cerca de Ganzak coa axuda do exército bizantino. Cosroes II recupera o trono
persa e Bahram VI ten que fuxir a territorio turco, asentándose en Fergana. Meses máis tarde é asasinado por
un mercenario a soldo de Cosroes.
verán: Mauricio inicia unha serie de campañas para
defender os Balcáns dos avaros e eslavos. Estabiliza a fronteira do Danubio (limes moesiae) desde o delta ata Singidunum e permite restablecer a súa
autoridade no interior.
Arechis I, segundo duque de Benevento,
en sucesión de seu tío Zotto.
as langostas destrúen as colleitas en Italia.
xullo: primeira mención nas fontes escritas do exarcado
de Carthago nunha carta de Gregorio I
ao exarca Gennadius.
Jnanagupta, monxe budista afgano, traduce os Vimalakirti Sutra ao chinés.
outono: Mauricio e Cosroes II selan unha paz pola que
Mauricio recibe Armenia e Xeorxia. O recoñecemento das fronteiras tradicionais
e o final dos subsidios para as fortalezas do Cáucaso deixa aos bizantinos
nunha posición dominante con respecto a Persia.
Ceawlin
de Wessex é vencido polos britanos na batalla de Wanborough, onde se produce unha gran
carnicería.
Ningún comentario:
Publicar un comentario