Grégoire de Tours, Historia Francorumfol. 79v. Initiale ornée "A" biblioteca nacional de Francia latín 17655. commons.wikipedia.org |
marzo, 28: Gontran
(59 anos) morre e sucédelle Childeberto
II en cumprimento do pacto de Andelot. Gontran é soterrado na igrexa de
Marcelo en Chalon-sur-Saone.
Ariulfo, que estivera ao servizo dos bizantinos na fronte persa, é o novo duque de
Spoleto.
os bávaros atacan rexión controladas por eslavos na actual Austria.
marzo – abril: Mauricio marcha
contra os avaros asentados en Anchialus
á cabeza do exército bizantino (o día da súa partida hai un eclipse de sol).
Tamén recupera Singidunum (Belgrado).
As tropas bizantinas ‘obteñen’ ingresos extra ao saquear terras e posesións dos
avaros.
Mauricio, de volta en Constantinopla, recibe embaixadas de Persia, os
francos e os avaros.
xuño, 29: Ariulfo asedia Roma e corta as comunicacións con Ravenna. Mentres, Arixis de Benevento ameaza Neapolis.
Gregorio I considera que o exarca
non fai o necesario para protexer Roma e inicia conversas co rei Axilulfo.
Ceawlin, logo da derrota ante os britanos é deposto como rei de Wessex e o seu
fillo Cuthwine é feito prisioneiro e
condenado ao exilio. Ceol sucede a
seu tío.
verán: o emperador Wendi reduce
os impostos debido ao ‘exceso’ das existencias de alimento e seda nos almacéns
do estado. Envía mensaxeiros a China central para redistribuír a terra e que os
pobres obteñan o que precisan para subsistir.
novembro, 13: Sushun é
asasinando en Xapón polos axentes do seu rival Umako Soga, que recea do poder do emperador. Sucédelle Suiko, viúva do anterior emperador Bidatsu.
Suiko traslada a capital xaponesa a Asuka-Toyura
(prefectura Nara) inaugurando o período Asuka.
outono: Priscus recibe o mando
das tropas en Thracia; súmanse
unidades que estaban destinadas na fronte persa.
Gregorio I asina un tratado de paz cos lombardos en
contra dos plans de Mauricio.
Gregorio
de Tours finaliza a súa historia francorum.
Ningún comentario:
Publicar un comentario