Gregorio I, por Pedro Berruguete |
Mauricio derrota as forzas persas baixo Bahram
Subin en Nisibis e fai que se
retiren a Armenia.
febreiro: Hormizdas IV desexa ser
tolerante cos cristiáns como Cosroes I;
iso aumenta o malestar dos sacerdotes mazdeístas, que tampouco consideran que estea
á altura de seu pai e conxuran contra el. Gañan para a súa causa a Bahram Subin, quen organiza o asasinato de Hormizdas IV co consentimento do
fillo deste (Cosroes) e marcha cara Ctesiphonte.
febreiro, 7: Pelaxio II morre vítima da peste que devasta Roma. Gregorio I, bispo de Roma. Di que non quere o cargo, chegando a
pedir a Constantinopla que non ratifique a elección, pero o mensaxeiro é interceptado
e ‘obríganlle’ a aceptar
febreiro, 15: Hormizdas é deposto e asasinado por nobres persas en
Ctesiphonte. O seu fillo coróase como Cosroes
II; sen embargo, Bahram Subin decide ser el mesmo shah de Persia e
rebélase.
marzo, 9: Bahram Subin derrota as forzas de Cosroes II cerca de
Ctesiphonte e proclámase rei co nome de Bahram VI.
Mauricio decide axudar a Cosroes II a recuperar o seu
trono como maneira de ter máis control e diminuír os problemas na fronteira
oriental.
Comentiolus, magister militum per Orientem,
recibe o rei lexítimo Cosroes II como refuxiado na súa base en Hierapolis.
marzo, 26: Teodosio,
primoxénito de Mauricio, é proclamado coemperador e herdeiro de seu pai
Estevo I sucede a Guaram I como rei de
Iberia (Xeorxia).
Francos e burgundos baixo Gontran
invaden Italia e conquistan Mediolanum
e Verona, pero declárase a peste no val do Po e teñen que retirarse. Sen
embargo, volven e capturan Modena e Mantua. Varios duques lombardos desertan. Xisulfo I, duque de Friuli, é derrotado polo seu fillo Xisulfo II.
Aethelberht sucede a seu pai Eormenric como
bretwalda de Kent.
asedio de Lindisfarne: unha
coalición de britanos asedia o rei Hussa
de Bernicia.
Owain mab Urien sucede a seu pai Urien como rei
britano de Rheged no N de Britannia.
Aegidius, bispo de Reims é sometido a xuízo en Metz
por un concilio de bispos por conspiración contra Childeberto II e é condenado ao exilio en Estrasburgo.
Columba obtén de Gontran o castelo de Luxovium,
futura abadía de Luxeuil.
Waroch II invade de novo Rennes e Nantes. Gontran envía os duques Beppoleno e Ebrachairo. O primeiro é derrotado e morto. O segundo entra en
Vannes e obtén a submisión do xefe bretón. Ao retorno o exército franco é
derrotado nunha emboscada.
setembro 5; morre Authario
(envelenado ou vítima da peste, que volve arrasar Italia). A súa viúva, Teodelinda,
conserva o poder, pero os condes ínstana a volver casar.
Gregorio I tamén establece contactos con Childeberto II, por se
necesitase a súa intervención.
o kaghan turco
recibe como esposas varias princesas chinesas.
Liciniano de Cartaxena (554-602, Constantinopla), de
orixe goda, bispo de Carthago Spartaria, onde nacera. Leovixildo
condenárao ao desterro. Consérvanse tres epístolas súas: ad epiphanium diaconumes (582) é a máis
interesante e versa sobre a natureza da ánima. Isidoro (descriptoribus
ecclesiasticis, cap. XLIII) di que perfecciona as doutrinas dos
seus predecesores, inda que a súa visión da espiritualidade no queda
completamente nítida.
Xoán de Bíclaro, novo bispo de Girona, acaba a súa Chronica
á luz da recente conversión do monarca godo, que sería o seu apoxeo final. Iníciase
en 565 coa morte de Xustiniano. Nesa
data Xoán estaba en Constantinopla e por tanto os asuntos imperiais teñen un
lugar central na primeira metade da súa obra. O seu punto de vista é moi
favorable ao imperio. A política relixiosa dos últimos anos de Xustiniano
tivera sido moi mal vista en occidente, pero Xoán, ao principio da súa obra, disipa
as dúbidas sobre a ortodoxia dos bizantinos; para el o imperio é un estado esencialmente
cristián que tenta levar a verdadeira fe a todo o mundo. Retrata aos pobos
bárbaros converténdose e aliándose ao imperio. Xustifica a guerra contra Persia
pola agresión desta contra os Iberia e Armenia, glorifica as vitorias romanas e
minimiza as derrotas, coma a sufrida fronte aos lombardos en Italia.
trata ben a Leovixildo, ariano convencido e militante, quen o exiliara; sen
embargo, o seu obxectivo é loar a Recaredo.
A obra pode verse como un panexírico,
xa que Recaredo é un novo Constantino,
que rescata aos godos da súa persistencia milenaria na herexía; resaltando as
súas vitorias sobre inimigos internos (rebelións arianas) e inimigos externos
(vitoria do seu xeral Claudius, con
300 godos, contra 40000 francos).
Kagudon, rei de Pandyan, no sur de
India.
Ningún comentario:
Publicar un comentario