Carlos I |
177. Carlos I (1516 – 1556). Carlos
I foi o primeiro rei da casa de Austria: era fillo de Dona Xoana, a Tola, e de Filipe, o Fermoso, e contaba 16 anos de idade
cando finou seu avó Don Fernando.
Carlos I nacera en Gante (Bélxica), e cando veu a
España descoñecía o idioma, os nosos costumes e as nosas leis; reuniu Cortes
para prestar xuramento e non tardou en asimilarse as directrices imperiais que
iniciaron seus avós, que debían converter España en centro e eixo do maior
imperio da terra.
178. Feitos máis notábeis do
reinado de Carlos I. Os
feitos máis notábeis do reinado de Carlos I son a sublevación dos Comuneiros,
as guerra con Francia, as expedicións a África e as conquistas de América.
Xoán de Padilla |
179. O trono de Alemaña. Dous anos pasaran dende que Carlos I era
rei de España, cando finou Maximiliano, Emperador de Alemaña, o seu avó
paterno, e foi elixido para sucedelo: por esta razón coñéceselle cos nomes de
Carlos I de España e V de Alemaña.
Para os gastos da súa coroación pediu recursos ás
Cortes, que se reuniron en Santiago e A Coruña, as que concederon, ao cabo, o
subsidio e aprobaron o nomeamento do Cardeal Adriano, estranxeiro, para rexer o
trono durante a súa ausencia, así como a concesión de varios importantes
destinos entre os ambiciosos flamencos que formaban a súa Corte.
180. Os comuneiros (1521). Receando, o pobo español, por ter
outorgado o rei os principais cargos da gobernación do país a xente flamenca, e
non comprendendo o plan que o monarca emprendía baixo a ruta que impón o
Destino Imperial de España, sobreveu a sublevación chama dos Comuneiros de
Castela, cuxos principais xefes foron o toledano Xoán de Padilla, o segoviano Xoán
Bravo e o salmantino Francisco
Maldonado. Os comuneiros foron derrotados nos campos do pobo de Villalar.
Hernán Cortés |
181. Guerras con Francia. O rei de Francia Francisco I tiña
pretendido a coroa de Alemaña, que posuía Carlos I, e ambos monarcas
reclamábanse mutuamente varios estados de Flandes e de Italia; isto acendeu a
guerra entre ambos monarcas, cuxos exércitos pelexaron en España e en Italia.
182. Batalla de Pavía
(1525). Na memorable
batalla de Pavía (Italia) caeu
prisioneiro Francisco I que foi traído a Madrid, onde permaneceu un ano
prisioneiro.
183. Asalto a Roma (1527). O Papa Clemente VII tiña formado unha
liga contra o rei de España e Emperador de Alemaña, liga á que se uniu
Francisco I; entón, as tropas españolas e alemás dirixíronse contra Roma, que
tomaron por asalto sufrindo a Cidade Eterna un terrible saco; o Papa fíxose
forte nun castelo do cal logrou fuxir.
184. Expedición a África
(1535). A costa de África era tobo de piratas e
estaba baixo o dominio do célebre corsario Barbaroxa,
quen, despois de facerse dono de Arxel e Túnez, ameazaba o litoral de España e
Italia. Carlos I preparou unha gran flota e apoderouse de Túnez; máis adiante
levou a cabo outra expedición contra Arxel, e unha gran tempestade dispersou a
escuadra.
185. As conquistas en
América. Durante o
reinado de Carlos I, os españois continuaron os descubrimentos e conquistas en
América; Hernán Cortés, cun puñado de
valentes, conquistou Mexico, e Pizarro
e Alvarado realizaron a do Perú,
quedando ambos imperios suxeitos ao dominio de España.
Francisco Pizarro |
186. O gran Imperio Español. A Nosa Patria, despois das conquistas dos
seus gloriosos mariñeiros e soldados foi eixo e centro do maior Imperio que
teña existido sobre o planeta; España non se lanzou a estas conquistas impelida
por egoísmos comerciais nin afáns de dominación; o Emperador e a Nación sentían
fondas as directrices que deixaron consignadas os Reis Católicos e o seu nobre
afán era cristianizar todos os pobos do mundo e levarlles a florecente cultura
de España.
Aos conquistadores lles seguía unha lexión de
profesores e relixiosos misioneiros cuxo rudo e ímprobo labor recoñecen e
agradecen todos os países que integraron o noso gran Imperio; hoxe, estes
países, politicamente independentes hónranse cualificándose de países hispanos
e ven en España a nai e autora da súa cultura e florecemento. O Código de
Indias que España ditou para rexer as súas colonias considérase como o mellor
que se ten estruturado polo seu sentido humano e paternal.
A Nova España reinstaura e fomenta esas relacións
espirituais cos países do seu Imperio mediante a magnífica obra do Consello da Hispanidade.
187. Abdicacións de Carlos I
(1556). Achacoso, vello e
cheo de melancolía, Carlos I abdicou a coroa de España e dos Países Baixos no
seu fillo Filipe II, e a de Alemaña
no seu irmán Fernando, retirándose el ao mosteiro de Yuste, en Estremadura, onde acabou os seus días.
a "súa" historia de España
Ningún comentario:
Publicar un comentario