Reis Católicos |
170. Unión de Aragón e
Cataluña a Castela (1479). Aragón e Cataluña uníronse a Castela, por casamento de Sabela I de Castela con Fernando V de Aragón. Ambos esposos son
chamados os Reis Católicos.
Ao falecer Henrique IV o Impotente, rei de
Castela, a coroa deste reino pasou a súa irmá Sabela I, xunto co seu esposo, Fernando
V de Aragón. As leis de Aragón excluían do trono as mulleres, e Don
Fernando pretendeu gobernar por si só; pero acordaron ambos cónxuxes que todos
os documentos levarían as sinaturas, armas e bustos dos dous coa lenda: “Tanto monta, monta tanto – Sabela como
Fernando”.
171. Feitos máis notábeis do
reinado dos Reis Católicos. Os feitos máis memorábeis do goberno dos Reis Católicos son tres: a toma de Granada, o descubrimento de América e as
conquistas de Nápoles e Navarra.
Pero indiscutiblemente, o feito de maior
transcendencia política deste glorioso reinado foi a obtención, por primeira
vez, da Unidade Española e a
plasmación do Destino Imperial da Patria.
Os Reis Católicos deseguido se dedicaron a por
orde á administración; crearon a Santa
Irmandade para castigar os malfeitores; prohibiron aos nobres a edificación
de novos castelos, e estableceron o Tribunal
do Santo Oficio para levar a cabo a unidade relixiosa, que empezou a
exercer as súas funcións en Sevilla, condenando a gran número de xudeus.
172. Conquista de Granada. O reino de Granada era o último estado
que os moros conservaban na Península; os Reis Católicos apoderáronse de todos
os seus pobos e cidades e puxeron sitio á capital, que se rendeu ao cabo de
oito meses (1492).
Durante o asedio, incendiouse o campamento dos
cristiáns, e Fernando e Sabela decidiron levantalo de pedra, xurdindo en poucas
semanas, con asombro dos moros, a cidade de Santafé.
173. Descubrimento de
América. O ano 1492 foi
venturoso para os Reis Católicos: ao mesmo tempo que caía no seu poder o último
baluarte da morisma, Cristóbal Colón, navegante italiano, fillo de Xénova,
descubría América, coa protección que a nosa patria lle facilitou.
Colón saíu do porto de Palos de Moguer (Huelva) en
agosto de 1492, e en outubro do mesmo ano, despois de penosa travesía,
descubría a illa de San Salvador. Regresou a España e ofreceu ao Reis algúns
indios, paxaros, metais preciosos procedentes de aquelas terras; fixo tres
viaxes máis, e descubriu outras illas e o Novo Continente. Tales descubrimentos
espertaron non poucas ambicións, que amargaron a vida do ilustre navegante, que
morreu pobre e case esquecido, en Valladolid, en 1506.
174. Conquista de Nápoles
(1503). O rei de Francia,
Carlos VIII, proclamárase rei de Nápoles, e España enviou alá a Gonzalo
Fernández de Córdoba, que expulsou os franceses e colocou no trono ao rei
lexítimo; renovou o francés as súas pretensións, e Fernández de Córdoba
conquistou novamente o reino de Nápoles, que quedou incorporado á coroa de
España.
o Gran Capitán |
Tan gloriosos feitos de armas valeron a Gonzalo
Fernández de Córdoba o título de Gran
Capitán.
175. Xoana, a Tola. Á morte de Dona Sabela, foi proclamada
reina de Castela a súa filla Dona Xoana,
a Tola, casada con Filipe, o Fermoso,
Archiduque de Austria. Don Fernando encargouse da rexencia ata a chegada do seu
xenro. Morreu este ao cabo de poucos meses, e encargouse da rexencia o Cardeal Cisneros.
Don Fernando volveu facerse cargo da Rexencia e
conquistou Orán, Túnez e Trípoli e agregou a Castela o reino de Navarra.
Don Fernando finou en 1516; deixou a coroa ao seu
neto Carlos de Austria, e encomendou
a rexencia ao Cardeal Cisneros.
176. O Cardeal Cisneros. O cardeal Francisco Ximénez de Cisneros é unha das figuras máis ilustres da
nosa Historia, pola súa sabedoría e grandes dotes de gobernante.
a "súa" historia de España
Ningún comentario:
Publicar un comentario