igrexa de San Pedro, Girona |
156. A sociedade. Na sociedade española que comezou a
formarse desde os primeiros momentos da Reconquista, merecen atención
preferente as seguintes institucións: a Monarquía,
a Igrexa, a Nobreza e o Pobo.
157. A Monarquía. Desde o inicio, a monarquía tendeu a
facerse hereditaria, porque a forma electiva que tiña a dos godos, tiña sido
continuo criadeiro de ambicións e crimes.
158. A Igrexa. A Igrexa
exerceu unha influencia poderosa na obra da Reconquista, porque o sentimento
relixioso era, entón, máis grande que o sentimento patrio; a Igrexa, por outra
parte, foi a arca santa que salvou toda a cultura antiga: as letras entón
atoparon no clero un amoroso protector.
159. A Nobreza. Durante a Reconquista, a Nobreza foi o brazo forte da Monarquía,
e non sempre foi dócil a ela: compúñase de Ricos-homes,
Duques, Marqueses, Condes, Fidalgos, Cabaleiros e Infanzóns.
españois célebres da Idade Media |
161. O feudalismo. A terra atopábase dividida en vilas, que viñan a ser o que agora son
os municipios, e pertencían ao señores.
Os señores
eran donos das vidas e facendas dos vilegos, e o seu poder era tan extraordinario, que moitas veces se
rebelaban contra o mesmo rei: esta organización social chamábase feudalismo.
162. A propiedade. Había tres castes de propiedade: de realengo, o do monarca: de abolengo, o da Igrexa, e o de solariego, o dos nobres.
163. As contribucións. A nobreza e o clero non pagaban
contribucións: os vilegos ou servos debían pagar todos os impostos e outras
contribucións especiais que a miúdo impuñan o clero e a nobreza.
164. Os foros. A fin de interesar a todos na
Reconquista, os reis concedían grandes privilexios aos seus súbditos e aos
pobos. Estes privilexios chamábanse foros,
que limitaban o poder dos señores feudais.
165. As Cortes. As Cortes
viñan a ser un consello dos reis: ao principio, só tiñan representación nelas a
nobreza e o clero; máis tarde, o pobo tamén estivo representado nelas.
catedral de León |
166. Agricultura, industria
e comercio. Nos comezos
da Reconquista, a guerra foi a única ocupación dos españois. Traballaban as
terras en tempo de paz e tomaban as armas para defender ao seus reis e señores.
A agricultura, a industria e o comercio foron adquirindo importancia e
desenvolvemento a medida que diminuían as esixencias da guerra. No século XIII,
o comercio catalán xa era esplendoroso, e Barcelona, un dos primeiros portos
mercantís do Mediterráneo.
167. A ilustración. Ata o século XIII, a inmensa maioría das
persoas non sabía ler nin escribir. O luxo, as xustas e torneos, a caza e as
grandes fesas eran a única ocupación dos reis e da nobreza.
168. As supersticións. A consecuencia da gran ignorancia que
reinaba, a xente cría nas máis ridículas supersticións: frecuentes aparicións,
mal de ollo, bruxas, trasgos, …
169. A arquitectura. Nos séculos XI, XII e parte do XIII predominou o estilo románico; desde mediados do século XIII a últimos do XVI dominou o oxival e gótico; a mediados do século XVI empezou a desenvolverse o arte mudéxar, combinación da arte árabe e do gótico.
169. A arquitectura. Nos séculos XI, XII e parte do XIII predominou o estilo románico; desde mediados do século XIII a últimos do XVI dominou o oxival e gótico; a mediados do século XVI empezou a desenvolverse o arte mudéxar, combinación da arte árabe e do gótico.
a "súa" historia de España
Ningún comentario:
Publicar un comentario