Afonso X o Sabio |
147. Principais reis de
Castela e León. Os reis
máis notábeis da monarquía castelán – leonesa, ademais de Fernando III o Santo, son Afonso
X o Sabio, Sancho IV o Bravo, Afonso XI o Xusticeiro, Pedro o Cruel, Henrique II, Xoán I, Xoán II, e Henrique IV o Impotente.
148. Afonso X o Sabio (1252
– 1284). O cetro de San
Fernando herdouno o seu fillo Afonso X o
Sabio, que conquistou Xerez, Cádiz, Niebla e outra prazas do reino moro de
Sevilla, e agregou aos seus estados o reino de Murcia, conquistado coa xenerosa
axuda do seu sogro, Xaime I de Aragón. Pola súa ilustración, foi un home
superior á súa época.
149. Sancho IV o Bravo (1284
– 1295). Sancho IV o Bravo foi moi valente e ilustrado; herdou a coroa de
seu pai Afonso X, e continuou a guerra contra os moros, tomándolles a cidade de
Tarifa, cuxa defensa confiou a Afonso
Pérez de Guzmán, que recibiu o sobrenome de O Bo, por ter preferido a morte dun fillo seu, antes que entregar a
praza aos inimigo do seu rei.
Guzmán o Bo |
150. Afonso XI (1312 –
1350). Afonso XI, guerreiro e lexislador
insigne, derrotou os moros na memorable batalla do río Salado, despois da que os moros perderon toda esperanza de someter
novamente España.
151. Pedro o Cruel (1350 –
1368). Pedro I, por
alcume o Cruel, foi home de carácter
impetuoso e colérico, que tomou horribles vinganzas contra os seus inimigos;
por outra banda, moito chámanlle o
Xusticeiro e xúlgano como un modelo de xustiza e rectitude. Seu irmán
bastardo Henrique, Conde de Trastamara,
disputoulle a coroa sen cesar, e conducido un día Don Pedro, con enganos, á
tenda do de Trastamara, foi morto por este a puñaladas.
152. Henrique II (1368 –
1379). Henrique II é chamado o Bastardo e tamén o Fratricida e o das Mercedes,
polas moitas que concedeu aos nobres e ao pobo, coa finalidade de atraelos á
coroa; deste deito puido conxurar as reclamacións do rei de Portugal e do Duque de Lancaster, casado cunha filla
de Don Pedro, que alegaban os seus dereitos ao trono usurpado.
Pedro o Cruel |
153. Xoán I (1379 – 1395). O cetro do Fratricida pasou ao seu fillo Xoán
I, quen, para obter a amizade do rei de Portugal pediu para o seu herdeiro
a man da filla única de aquel, Dona
Beatriz; pero tendo enviuvado o rei de Castela, casou coa prometida do seu
fillo, e casou este con Dona Catalina,
filla do Duque de Lancaster, calando así as pretensións deste. Os esposos foron
os primeiros que levaron o título de Príncipes
de Asturias.
154. Xoán II (1406 – 1454). Xoán
II non foi home de goberno; afeccionado á poesía, fixo da súa corte un
verdadeiro Parnaso, e entregou o goberno ao seu favorito Don Álvaro de Luna, a quen, ao final, fixo decapitar por acusación
falsas dos nobres e da reina.
155. Henrique IV. Ao morrer Xoán II, subiu ao trono de
Castela o seu fillo Henrique IV o
Impotente, home de pouco carácter, que se indispuxo cos nobres, quen lle
ofreceron a coroa a súa irmá, a infanta Dona
Sabela, que se negou a aceptala mentres vivira seu irmán. Dona Sabela casou
co infante Don Fernando de Aragón.
a "súa" historia de España
Ningún comentario:
Publicar un comentario