Filipe II |
188. Feitos máis notábeis do
reinado de Filipe II (1556 – 1598). Os feitos máis memorábeis do reinado de Filipe II, foron as batallas de San Quintín e de Lepanto, a
conquista e anexión das illas Filipinas, as guerras con Flandes e Inglaterra e
a anexión de Portugal.
189. Batalla de San Quintín
(1557). Os españois
derrotaron completamente os franceses na memorable batalla de San Quintín.
Filipe II herdou de seu pai Carlos I a guerra con
Francia, que disputaba a España o reino de Nápoles; Filipe preparou un poderoso
exército, que tomou a forte e importantísima praza francesa de San Quintín e
gañou a batalla deste nome, unha das máis encarnizadas dos tempos modernos. A
guerra continuou e cesou, por fin, co casamento de Filipe II con Sabela de Valois, filla do rei de
Francia.
Don Xoán de Austria |
190. O mosteiro do Escorial. En memoria da gloriosa batalla de San
Quintín, Filipe II fixo edificar o grandioso mosteiro do Escorial, chamado oitava marabilla do mundo.
Este gran monumento é, á vez, palacio e basílica,
panteón dos reis e convento, museo e biblioteca, a máis rica en manuscritos
arábigos.
191. Batalla de Lepanto
(1571). España, Roma e
Venecia, alarmadas polo poder dos turcos, formaron unha poderosa escuadra que
os derrotou completamente.
Cervantes |
A batalla naval de Lepanto é a máis memorable de
cantas rexistra a Historia; nela figurou e perdeu a man esquerda o inmortal Cervantes, por cuxa razón se lle chama o Manco de Lepanto. Mandaba a tripe
escuadra Don Xoán de Austria, irmán
bastardo de Filipe II, e ía de segundo xefe o Marqués de Santa Cruz, o máis ilustre dos mariñeiros españois.
192. Anexión das illas
Filipinas (1568). Por
este tempo, Filipe II confiou ao prudente Legazpi
a exploración e conquista das illas Filipinas,
que tiñan sido descubertas por Magallanes, e quedaron anexionadas a España.
193. Causa principal das
guerras con Flandes. O
desexo real de acabar co protestantismo que se tiña infiltrado en Flandes ou
Países Baixos foi a causa principal das guerras que tiveron lugar naqueles
países.
Legazpi |
Estableceu alá un tribunal semellante ao da
Inquisición; os flamencos formaron unha liga, dirixida polos condes de Egmont e Horn e o Príncipe de Orange, de quen Filipe II non escoitou queixas, e a Liga presentouse en aberta rebelión.
194. Independencia dos
Países Baixos (1598).
Despois dunha longa e sanguenta guerra os Países Baixos separáronse do Imperio.
Filipe II enviou a Flandes a varios xenerais,
entre eles ao Duque de Alba; despois
cedeu a coroa dos Países Baixos á súa filla Sabela,
casada cun Archiduque de Austria; pero os flamencos, acaudillados polo fillo do
Príncipe de Orange, Mauricio de Nassau,
continuaron a guerra ata obter a independencia absoluta da súa patria.
a "súa" historia de España
Ningún comentario:
Publicar un comentario