124. Orixe do reino de
Navarra e Aragón. A orixe do reino de Navarra e Aragón é un
dos puntos máis escuros da Historia de España.
Crese que o primeiro rei ou caudillo foi Garci-Ximénez, alá polos 750s; o segundo
rei foi Eneco Arista; despois aparece
Sancho II Abarca, e, despois doutros,
Sancho III o Grande, que ensanchou o
reino notablemente, agregándolles o Condado de Castela, polo seu casamento con
Dona Elvira, filla e herdeira do conde Don García.
Sancho III o Grande |
125. División do reino de
Navarra. Ao falecer
Sancho III o Grande, no ano 1035,
repartiu o estado entre os seus fillos dando ao primoxénito García o reino de Navarra; a Fernando, Castela; a Ramiro, Aragón; e a Gonzalo, os condados de Sobrarbe e Ribagorza.
Castela e Aragón eríxense daquel en reinos
independentes.
126. Unión de Navarra e
Aragón. García IV, rei de
Navarra, quixo reconstituír a unidade do reino, desmembrado por seu pai Sancho
o Grande, e, ao efecto, propúxose
destronar a seu irmán Fernando, rei de Castela; pero morreu nunha batalla, e o
seu fillo e sucesor foi morto por un bastardo. Os navarros, entón, deron a
coroa ao rei de Aragón, Sancho Ramírez, formando Navarra e Aragón unha única monarquía,
por espazo de medio século.
127. Separación de Navarra e
Aragón. Ao morrer Afonso I, o Batallador, rei de Navarra,
volveron a separarse Navarra e Aragón; Navarra puxo no trono a García Ramírez IV, e Aragón, a Ramiro II, o Monxe.
128. Outros reis
notábeis de Navarra. A García Ramírez sucedeulle Sancho VI o Sabio, que estivo en guerra
con Castela.
Sancho VII o Forte, que tomou parte na batalla das Navas de
Tolosa.
Xoana I, que casou con Filipe IV o Fermoso, fillo
e sucesor do rei de Francia, pasando Navarra a formar parte da monarquía
francesa.
Xoana II, en cuxo tempo Navarra recobrou a
independencia.
Carlos II o Malo, que levou a cabo unha famosa expedición
de navarros a Oriente.
Carlos III o Nobre, que se distinguiu pola súa rectitude e
fama de xusticeiro.
Branca I, casada con Don Xoán, fillo de Don
Fernando de Antequera, rei de Aragón, que adquiriu o título de rei de Navarra
co nome de Xoán I.
Catalina, casada con Xoán de Albrit, últimos reis de Navarra, que foron destronados por
Fernando o Católico, quedando Navarra incorporada para sempre á monarquía de
Castela, en 1481.
a "súa" historia de España
Ningún comentario:
Publicar un comentario