Afonso VIII |
114. Canto durou a
separación de Castela e León. A separación de Castela e León durou desde o ano 1157 a 120, tendo sido
este período o máis glorioso do tempo da Reconquista.
115. Como se verificou a
separación. Ao morrer
Afonso VII, cometeu o erro político de repartir os seus estados entre os seus
dous fillos, dando a Sancho o reino de Castela, e a Fernando, o de León.
116. Reis máis notábeis de
Castela. Os monarcas máis
notábeis de Castela foron Afonso VIII
e Dona Berenguela.
117. Afonso VIII. Afonso VIII
tiña só 15 anos cando subiu ao trono; pelexou contra a morisma, recuperou as
prazas que durante a súa minoría le tiña arrebatado o rei de Navarra, e
aniquilou aos moros na célebre batalla de las Navas de Tolosa.
Dona Berenguela |
A batalla das Navas de Tolosa foi un golpe mortal
para os sarracenos. A Igrexa conmemora o día 16 de xullo, co nome de Triunfo da Santa Cruz.
118. Dona Berenguela. Ao morrer Afonso VIII, sucedeulle seu
fillo Henrique I; pero tendo falecido aos 14 anos de idade, as Cortes nomearon
raíña de Castela á súa irmá Dona
Berenquela, esposa de Afonso IX de León.
119. Reis de León. Durante os 73 anos que durou a separación
de León e Castela, en León reinaron dous monarcas; Fernando II e Afonso IX.
120. Fernando II. Fernando
II, que tiña herdado a coroa de León ao morrer seu pai Afonso VIII, sostivo
unha guerra co rei de Portugal, que se propuxo estender as súas fronteiras;
fundo Cidade Rodrigo, e batallou de xeito valiente contra os moros.
121. Afonso IX. Afonso
IX, fillo e sucesor de Fernando II, casou con Dona Berenguela, irmá de
Henrique I de Castela; foi un monarca valiente e ilustrado, que guerreou decididamente
contra os moros.
Fernando III |
O Papa disolveu o matrimonio de Afonso IX con Dona
Berenguela, a causa do parentesco que existía entre os esposos; pero lexitimou
a súa prole.
122. Unión definitiva de
Castela e León. Do
matrimonio de Afonso IX de León con Dona Berenguela de Castela tiña nacido Fernando III, que uniu definitivamente
os reinos de Castela e León.
123. Fernando III. Fernando
III, o Santo, ou San Fernando, pasou a súa vida guerreando contra os moros,
aos que tomou as cidade de Córdoba, Sevilla, Xerez e Cádiz, e foi dono de case
toda Andalucía.
Durante o reinado de San Fernando, a monarquía
castelá chegou a un alto grao de esplendor; iniciáronse reformas que anos
despois tiveron gran desenvolvemento e proporcionaron benestar e riqueza
pública. Foi moi piadoso; a Igrexa declarouno Santo.
a "súa" historia de España
Ningún comentario:
Publicar un comentario