Fernando I |
106. Orixe do reino de Castela. Ao morrer un dos soberanos do Condado de
Castela, herdou o condado súa irmá Elvira, casada con Sancho III de Navarra,
quen, ao falecer, transmitiullo xa co título de reino ao seu fillo Fernando I.
Tal é a orixe do Reino de Castela.
107. Unión de Castela e
León. O primeiro rei de
Castela, Fernando I, foino tamén de León polo seu matrimonio con dona Sancha,
herdeira da coroa deste reino (1037).
A monarquía de Castela e León abranguía Castela,
León, Galicia e Asturias.
108. Reis máis notábeis. Entre os monarcas máis notábeis de
Castela e León, deben citarse: Fernando I o
Grande, Sancho II o Forte, Afonso
VI e Afonso VII.
Sancho II |
109. Fernando I. Fernando
I o Grande organizou o seu reino, reconquistou boa parte de Portugal e fixo
tributarios seus aos reis moros de Badaxoz, Zaragoza e Sevilla.
Despois dirixiu as súas armas contra Valencia;
pero caeu enfermo e retirouse a León, onde morreu. Ao morrer tivo a debilidade
de dividir o reino, repartíndoo entre os seus cinco fillos: dou Castela a Don
Sancho; León a Don Afonso; Galiza a Don García; a cidade de Zamora á súa filla
Dona Urraca, e a cidade de Toro á súa filla Dona Elvira.
110. Sancho II. Sancho
II, rei de Castela, declarou a guerra ao seu irmán Afonso, rei de León, a
quen destronou; logo desposuíu ao seu irmán García do reino de Galiza e a súa
irmá Elvira, da cidade de Toro.
O Cid Campeador |
En pouco máis de tres anos, Sancho II reinou sobre
todos os dominios de seu pai. Logo puxo sitio a Zamora para arrebatarlla a súa
irmá Dona Urraca; pero foi vilmente asasinado por un traidor chamado Bellido
Dolfos, quen saíu da cidade e finxiu pasarse ao inimigo.
111. Afonso VI. Afonso
VI foi o sucesor de seu irmán Snacho II: Guerreou contra os moros,
reconquistou Toledo, e morreu de pena, porque na batalla de Uclés morreu o seu
único e fermoso fillo o infante Don Sancho con sete condes que o acompañaban.
112. Afonso VII. Afonso
VII suxeitou a moito nobres descontentos e revoltosos, e guerreou con gran
fortuna contra os moros.
113. O Cid. Durante o reinado de Afonso VI,
distinguiuse notablemente un guerreiro castelán chamado Rodrigo Díaz de Vivar, coñecido polo Cid Campeador, que é considerado como o heroe máis grande da
Reconquista.
a "súa" historia de España
Ningún comentario:
Publicar un comentario