Afonso I o Batallador |
129. O primeiro rei de
Aragón. Ramiro I, fillo de Sancho III o Grande,
rei de Navarra, foi o primeiro soberano do reino de Aragón.
Loitou contra os sarracenos, e morreu con gloria
ao intentar apoderarse de Graus, en
1063.
Aragón, no seu inicio, formou con Navarra un só Estado:
comezou a existir como nación independente ao morrer Sancho III o Grande, de Navarra, que deixou o territorio aragonés
ao seu fillo Ramiro.
130. Sancho Ramírez. Sancho
Ramírez, fillo e sucesor de Ramiro I, sucumbiu con gloria no sitio de
Huesca e deixou ao seu reino engrandecido coa anexión voluntaria de Navarra.
131. Afonso I, o Batallador. Afonso
I, o Batallador, é un dos monarcas máis grandes da Reconquista, pois
derrotou aos infieis en 29 batallas;
tomoulles moitas prazas, entre elas Zaragoza, e morreu no sitio de Fraga, en 1134.
a campá de Huesca |
132. Ramiro II, o Monxe. Ramiro
II, o Monxe, era irmán de o Batallador, e ao seu reinado atribúeselle a
célebre tradición de A Campá de Huesca.
Ao morrer o
Batallador, Ramiro era monxe dun convento de Narbona; dise que os nobres
lle ridiculizaban, chamándolle o Rei
Cogulla; que Ramiro ficho decapitar ao máis revoltosos, e que colocou a
súas cabezas nunha bóveda a xeito de campá, para que o escarmento soara moito.
Dona Petronila, filla e herdeira de Ramiro II
casou con Berenguer IV, conde de
Barcelona, deixando así preparada a unión de Aragón e Cataluña.
Xaime I o Conquistador |
133. Afonso II. Do matrimonio de Berenguer IV con dona
Petronila, naceu Afonso II, que
reuniu na súa fronte as coroas de Aragón e Cataluña.
Ademais, a monarquía catalano – aragonesa posuía
territorios transpirenaicos, entre eles a Provenza e o Rosellón.
134. Xaime I, o Conquistador. Xaime
I, o Conquistador, é un dos soberanos máis grandes da nosa Historia:
conquistou as illas Baleares, invandiu o reino de Valencia, tomando varias
prazas e a capital; auxiliou desinteresadamente a Fernando III, rei de Castela,
e fixo feudatario de Aragón ao rei moro de Túnez. Faleceu en 1276.
Xaime o Conquistador foi, ademais de guerreiro,
gran lexislador, bo literato e excelente poeta; escribiu a Crónica do seu
reinado e rexeitou esixencias que na orde política lle fixo o Papa. Cometeu,
sen embargo, a grave falta de desmembrar o gran Estado por el fundado, pois
deixou Aragón e Cataluña ao seu primoxénito, Pedro III o Grande, e as Baleares e os territorios ultrapirenaicos
ao seu fillo Xaime II.
Roger de Flor |
135. Pedro III o Grande. Pedro
III o Grande, obrigou ao seu irmán Xaime III, rei de Mallorca, a ser
feudatario de Aragón; foi proclamado rei de Sicilia; estivo en guerra con
Francia, e o Papa excomungouno; pero Don Pedro triunfou, e en todas partes foi
respectado e temido o nome de Aragón.
136. Pedro IV. Pedro
IV, o Ceremonioso, conquistou as Baleares e apoderouse do Rosellón e a
Cerdeña; ocupou o trono de Sicilia, e despois cedeuno ao seu fillo don Martín.
137. Xoán II. Xoán
II fixo obxecto de grandes persecucións ao seu fillo o Príncipe de Viana, ídolo dos cataláns, por cuxa causa, inda que por
pouco tempo, Cataluña chegou a separarse de Aragón.
138. Expedición a Oriente. Terminada a guerra de Sicilia, cataláns e
aragoneses, mandados por Roger de Flor
e Berenguer de Entenza, realizaron en
1303 unha expedición de Oriente, a fin de auxiliar ao emperador de
Constantinopla, que se atopaba ameazado polos turcos. As fazañas destes
caudillos son inmortais na Historia.
a "súa" historia de España
Ningún comentario:
Publicar un comentario