asentamento dos bárbaros do Norte |
043. Fin da dominación romana. A dominación romana rematou non s. V da
nosa Era, coa invasión dos bárbaros do
Norte.
Os bárbaros eran pobos salvaxes que, procedentes de Asia, vivían nas
montañas do Norte de Europa. Coñécense cos nomes de suevos, vándalos, alanos, godos ou visigodos e hunos. Ao invadir a Península saquearon
e destruíron o mellor que atoparon ao seu paso. Os hunos eran, seguramente, os máis feroces e rudos; ían vestidos de
peles, bebían o sangue dos cabalos, comían carne crúa e na loita lanzaban
ruxidos espantosos. O seu xefe, o sanguinario Atila, chamado o azote de
Deus, dicía, orgulloso, que onde
pasaba o seu cabalo, non volvía medrar a herba.
044. Reparto da Península. Os suevos establecéronse en Galicia; os
vándalos ao Sur, en Andalucía; os alanos, ao Oeste, en Portugal, e os godos ou
visigodos, ao Noroeste, é dicir, en Cataluña.
045. Períodos que comprende a dominación
visigótica. A dominación
dos godos durou 302 anos e abrangue dous períodos: o primeiro, de 177 anos,
comprende desde a invasión ata Recaredo;
o segundo, de 125 anos, desde Recaredo
ata a chegada dos árabes.
Coa invasión dos bárbaros retrocedeu a cultura dos españois, e os costumes
experimentaron un cambio absoluto. Durante o segundo período, floreceron as
letras, e España chegou a ser a nación máis culta de Europa.
046. Os visigodos. Os visigodos constituían a raza menos
salvaxe dos bárbaros, porque os prisioneiros que tiñan feito aos romanos antes
de penetrar en España, ensináranlles a ler e escribir e a coñecer algo o
Cristianismo.
047. Visigodos e romanos. Os visigodos aliáronse cos romanos coa
fin de expulsar da Península ao resto de bárbaros; pero unha vez tiveron
dominado aos suevos, aos vándalos e aos alanos, os visigodos souberon facerse donos
de todo o país conquistado.
048. Carácter da monarquía visigótica. Os reis visigóticos eran electivos e non hereditarios, por cuxa razón se atentaba con frecuencia contra a
vida do soberano, para arrebatarlle a coroa.
049. Principais reis godos. Os reis godos foron 33; pero os máis
notables son Ataúlfo, Walia, Teodoredo, Eurico, Leovixildo, Recaredo, Sisebuto, Suintila, Wamba e Don Rodrigo.
a "súa" historia de España
Ningún comentario:
Publicar un comentario