sábado, 13 de xullo de 2013

492

Xelasio I
www.oremosjuntos.com
Anastasius e Rufus, cónsules.

Secundinus, praefectus urbi de Constantinopla e Eusebius magister officiorum.

Anastasius derrota os isauros (en rebeldía no centro sur de Anatolia) cos seus foederati hunos e xermánicos en Kotyaion; os comandantes romanos son Xoán o escita e Xoán o xiboso, e suboficiais como o futuro Xustino I. Iníciase unha guerra de guerrillas para controlar os territorios isauros; longa e complicada porque controlan fortalezas nas montañas de difícil acceso.

marzo, 1: morre Fiz II, sendo elixido Xelasio I, que quere combater os maniqueos, pelaxianos e arianos. Procede de Africa.

nun concilio en Roma defende a primacía da “cidade eterna” apoiándose no comentario de Xesús a Pedro e nega preeminencia a Constantinopla (búrlase da súa importancia ao chamarlle ao patriarca “bispo do barrio de Heraclea”).

tamén se defende que o emperador non ten lexitimidade algunha para intervir en asuntos relixiosos (“hai dous poderes no mundo, imperial e pontificio; ti es soberano da raza humana pero debes inclinarte ante os que presiden sobre o divino. O sacerdocio é o maior dos dous poderes; debe render contas o último día polos actos do reis”). Emitiu o decreto xelasiano, que diferenza entre escritos canónicos e apócrifos.

considérase demoníaco portar amuletos que leven gravado o nome de anxos.

Teodorico conquista Rímini e bloquea os portos que rodean Ravenna, pechando máis as subministracións cara unha cidade na que xa morre xente de fame.

Ningún comentario:

Publicar un comentario