venres, 12 de xullo de 2013

491

restos dos muros de Anderitum
Olybrius, cónsul único.

Teodorico segue o asedio de Ravenna, con Odoacro dentro, onde a situación é cada vez máis precaria.

abril, 8: Volusianus, bispo de Tours.

abril, 9: morte de Zenón (66) de disentería e sen descendencia.

abril, 11: a emperatriz Ariadne, viúva de Zenón, elixe a Flavius Anastasius ‘Dicorus’, un funcionario de finanzas (silentiarius) que tiña fama de ser honrado e gozaba de popularidade ante o pobo como novo augustus. Foi entronizado no Hipódromo polo patriarca Epiphemius, quen lle esixiu que xurara o credo de Calcedonia.

durante a cerimonia de entronización seica lle berraron “que reine como viviu”; así fixo e mellorou substancialmente a administración ata o punto de puido baixar impostos sen deteriorar o funcionamento do aparto burocrático estatal.

maio, 20: casan Ariadne e Anastasius.

Anastasius cesa varios oficiais isauros e Longinus, irmán de Zenón, comeza unha rebelión apoiada basicamente por isauros. O sentimento na capital é anti-isauro. É derrotado e exiliado na Tebaida, en Exipto, xunto co xeral tamén isauro Longinus de Cardala, onde se lles deixa morrer de fama. Anastasius comeza unha campaña para someter os isauros, que marchan contra Constantinopla.

Anastasius apoia o monofisismo, de xeito acertado, pois era a versión do cristianismo que máis partidarios tiña nos territorios que gobernaba. Así confirmou la ruptura con Roma promovida por Fiz II.

xullo, 9: Odoacro tenta un asalto nocturno coa súa garda herula e enfróntase a Teodorico en Ad Pinetam. Levila, regulus herulo morre en combate. Fortes baixas en ambos bandos pero Teodorico logra repeler o ataque e Odoacro debe volver a Ravenna.

Lupicinus é bispo de Lugdunum. Funda as abadías de Claudio (no Jura).

Clodoveo derrota os turinxios.

concilio de Vagahrchapat, onde a igrexa armenia decide anatemizar o credo de Calcedonia, e volver ás doutrinas de Éfeso, co cal Roma os considera como cismática.

Aelle de Sussex conquista a fortaleza de Anderitum e executa a todos os habitantes, britanos romanos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario