acueducto de Segovia |
034. Poderío de Roma. Os romanos, que tiñan herdado a
civilización e culto dos gregos, chegaron a constituír o pobo máis poderoso e
culto do mundo antigo.
Nos 614 anos que durou a dominación de Roma en
España, a nosa Patria progresou en gran maneira, así en agricultura, como en
industria, comercio, artes ciencias e letras.
035. Vías de comunicación. Os romanos construíron camiños
admirables: un deles chamado vía Augusta, saía de Roma e pasaba por Girona,
Barcelona, Tarragona, Zaragoza, León e Galicia; outra vía unía as cidades de
Córdoba, Sevilla, Xerez e Cádiz; outras varias, poñían en comunicación as
cidades máis importantes e distanciadas da Península.
arco de Bará |
036. Acueductos. Os romanos construíron acueductos
sorprendentes, que inda admiramos, como os de Segovia e Tarragona.
037. Arcos de triunfo,
circos, pontes e templos romanos. En moitas provincias españolas consérvanse arcos de triunfo; ruínas de
baños, foxos, pazos e circos; templos que erixían aos seus falsos deuses, e non
poucos vestixios que demostran a altura que chegou a alcanzar a civilización
romana.
038. A agricultura. O chan español rendeu, durante a
dominación, unha cantidade fabulosa de trigo, cebada e outros cereais, de tal
xeito, que se chamaba a España o celeiro
de Roma.
Cultivaron a vide e obtiveron viños excelentes: o
noso aceite era abundante e o mellor do mundo, e a cochinilla de Andalucía,
para facer a púrpura, chegouse a pagar a prezos fabulosos.
teatro romano de Mérida |
Tantos e tan ricos produtos deron lugar a un
comercio moi activo, que se verificaba, principalmente, polos portos de mar de
Cádiz, Málaga, Cartaxena, Tarragona e Barcelona.
039. Artes e oficios. En tempo dos romanos, as artes e os
oficios tiveron vida tan próspera, que deron a España a máis alta reputación.
En Asturias, Galicia e Cataluña había grandes
fábricas de tecidos de fío; Xátiva, Mérida e Córdoba, as tiñan de manteis,
servilletas e panos; Tarragona, Córdoba e Mérida eran notables en ferrerías e
alfarerías; as minas explotáronse con gran actividade, e os soldados non
empregaban outras armas que as fabricadas en Calatayud.
040. A lingua latina. A lingua
latina foi o idioma nacional dos españois, pois os romanos impuxérona ata
como idioma popular.
"españois" célebres da Idade Antiga |
Tanto chegou a influír España na cultura e
civilización de Roma, que, a finais do imperio romano, os mellores poetas,
prosistas, pensadores e satíricos; os máis grandes agrónomos e xeógrafos eran
naturais da Península.
041. Nacemento de Xesús. Reinando en Roma o emperador Octavio
César Augusto, naceu en Belén O Noso
Señor Xesús Cristo.
042. A Nosa Era. O nacemento de Xesús serve de inicio para
contar os anos da nosa Era. As datas correspondentes a feitos acaecidos antes,
cóntanse, inversamente, por anos a.C.
a "súa" historia de España
a "súa" historia de España
Ningún comentario:
Publicar un comentario