Mediolanum www.romanoimpero.com |
Novus e Probianus, cónsules.
León I, por influencia de Basiliscus, de novo en Constantinopla, cre que
Aspar trata converter en emperador ao seu propio fillo. Aspar e os seus fillos Ardabur e
Patricius son arrestados e
executados pouco despois por orde imperial no propio pazo imperial.
revolta dos partidarios de Aspar Ostys
e Teodorico Estrabón, que comanda os
federados godos en Thracia. Os
xermanos son desarmados e exiliados.
persecución dos partidarios de Aspar a mans de León I, que se gaña o alcume
de “makellos” (carniceiro). León I
nomea a Zenón novo magister militum e nova man executora da
vontade imperial, cos seus fieis isauros.
a partir desta data Constantinopla é defendida por tropas nativas e durante
séculos non terá que recorrer a mercenarios.
os ostrogodos exiliados únense ao continxente de Teodemiro, que segue atacando o norte do imperio. Teodorico sucede a seu pai na xefatura
e aséntase en Moesia.
o exército de Ceretic de Strathclyde
ataca as costas de Hibernia e captura
seguidores de Patricio, que son vendidos como escravos.
un enorme
exército romano baixo Antemiolus,
fillo de Antemius, entra en Gallia pero é derrotado por Eurico onde o Ródano. É a última
ocasión que un exército imperial entra en Gallia
procedente de Italia. Coma
consecuencia inmediata, grandes zonas de Provenza pasan a ser dominadas por
godos. Quedan zonas de soberanía romana illadas en torno a Arvernis, Arelate e Massiliensis.
verán: os godos
comezan o asedio de Arvernis.
Ecdicius (xenro do defunto emperador
Avitus) rompe o asedio cunha forza
de unicamente 18 homes a cabalo (segundo Sidonio).
Ecdicius será o
lider militar e Sidonio, nomeado bispo, o espiritual na súa calidade de bispo.
Cos medios que poden reunir resisten o asedio que cada verán poñen en práctica
os godos para conseguir entrar na cidade.
Sidonio perde así
calquera esperanza de conservar a condición romana de Gallia co apoio dos godos como federados pero sometidos á
autoridade imperial.
pola contra, Seronatus, outro aristócrata galo, colabora
con Eurico na súa política expansiva en Gallia.
O galo é apresado por arvernos fieis a Antemius, a quen o envían, sendo
finalmente xulgado e executado por traizón.
novembro, 20:
morre Gennadios, que é sucedido por Acacio, novo patriarca de
Constantinopla.
Ricimer acantonara as súas tropas fieis en Mediolanum e negara obediencia a Antemius. Espera o seu momento e
actúa logo do fracaso de Antemiolus en Gallia
e a subseguinte maior debilidade de seu pai. Comeza un novo enfrontamento.
Ricimer avanza cara Roma e inicia o seu asedio.
morre Xian Wen Di,
sucédeo como emperador da China Wei do norte o xefe tribal nómade que adopta un
apelido chinés para poder reinar.
morre Eudocia,
casada co vándalo Hunerico e filla
de Valentiniano III.
Ningún comentario:
Publicar un comentario