representación das 'lupercalia' ivandromagno.wordpress.com |
Antemius adquire mala fama entre os arianos e nicenos de Italia por volver a permitir a
celebración das lupercalia e o nomeamento como cónsul do filósofo pagán
Severus.
Odoacro faise coa xefatura das
tropas auxiliares occidentais.
en Gallia os godos comezan a ocupación de Auvernia: Arvernis (Clermont) é asediada por godos e
tropas galas e defendida por outros galos e burgundos.
Eurico derrota o exército
britano en vicus Dolensis; Riothamus e os homes que lle quedan busca
refuxio onde os burgundos, aliados imperiais.
continxentes de
alamanos invaden Germania I e Belgica I: son derrotados por unha
coalición de forzas romanas (Syagrius)
e francos liderados por Childerico,
e tropas saxonas lideradas por Odoacro.
morre Claudius Mamertus, presbítero de Vienne, que compuxera un compendio de
lecturas anual, mentres que en Massilia,
case de xeito simultáneo o presbítero Musaeus
compuxera outro que casaba cos fitos do ano litúrxico.
o que fora magister officiorum Romanus conspira contra Antemius (quizás
apoiado por Ricimer), pero é
executado, abrindo máis as diferenzas entre os dous homes fortes de Occidente.
Logo do fracaso
de Basiliscus o magister
utriusque militiae Aspar recobra influencia e o seu fillo Patricius
é nomeado caesar por León I. En Thraciae,
o magister militum Anastasius
rebélase, apoiado por Ardabur (outro fillo de Aspar).
os ostrogodos, conducidos por Teodomiro, entran en
Moesia e nos Balcáns, causando o caos durante años.
Sidonio describe ao seu amigo Domicius a entrada de Sixismero en Lugdunum para casar cunha princesa burgunda.
chega a Constantinopla o manto da Virxe María, e
dende entón as igrexas e mosteiros comezan
a encherse con reliquias marianas.
Lugdunum é a residencia real burgunda, antiga capital de Lugdunensis II, en Xenebra estaba o
legado rexio e os reis residían ocasionalmente en Vienne. Lugdunum fora mías importante que Xenebra e incluso Tolosa, sede
rexia goda. Ambas cidades se beneficiaron pola súa situación central dentro
dunha zona de asentamento étnico. en Lugdunum
inda residen membros da aristocracia galo-romana, como a familia de Gregorio de Tours, varios dos cales
foron bispos. Sen embargo, a cidade vive un lixeiro retroceso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario