representación de Priscus de Panio (á esquerda) |
Priscus de Panio participa na embaixada imperial de Anatolius
á corte de Atila, que describe con
profusión. O acordo de paz inclúe: a evacuación romana dunha
zona de seguridade ao sur do Danubio (uns 300 kms dende Singidunum, oeste, actual Serbia a Novae, leste, actual Bulgaria) supón que os romanos quedan desprovistos das
súas defensas naturais na zona do Danubio. Atila tamén esixe un tributo anual
superior -2100 libras de ouro- e un maior rescate por cada prisioneiro romano
-12 solidi-). A esixencia dun mercado en Naissus é rexeitada polos romanos pero os
acordos tamén restrinxen a importación de cabalos hunos cara o imperio.
Chrysaphius argalla un complot co esciro Edika para que este asasine a Atila pero
Orestes descóbreo e Atila esixe a extradición
do eunuco directamente a Teodosio II.
no territorio controlado polos
hunos existe un servizo de postas que facilita a comunicación entre os diversos
territorios.
primeiros meses: Eutiques, abade dun mosteiro próximo a Constantinopla,
informa a León I do renacemento do
nestorianismo. Eutiques pon tanto empeño en
contradicir o nestorianismo que se pasa ao extremo oposto: en lugar de admitir
que en Cristo había dúas naturezas independentes (unha humana e outra divina),
afirmou que estaban tan relacionadas que en realidade non se podía dicir que foran
dúas: Cristo só tiña unha natureza e era divina (monofisismo). Apoia a
Eutiques Dioscorus, bispo de Alexandría
e amigo seu. Na súa contra están principalmente León I e Pulcheria.
febreiro: Teodosio
II debe reiterar a orde de queimar as obras pagás opostas ao cristianismo, en
particular os escritos de Porfirio e
os libros de Nestorio.
agosto: Rechila morre en Emerita, sucedido por Reckiario,
fillo seu. Tómanse medidas inmediatas para fortalecer a posición sueva; en
primeiro lugar accións militares, quizás na propia Callaecia, en zonas pouco controladas.
a conversión ao
catolicismo buscaría un maior entendemento coa aristocracia de Callaecia, inda que certos elementos
suevos se opoñen radicalmente.
fóra da propia
área de asentamento téntanse fortalecer as zonas de influencia cun acercamento
á corte goda de Teodorico I;
Reckiario marcha ata a propia Tolosa e acórdase un casamento cunha princesa
goda.
de regreso a Hispania Reckiario saquea os territorios
vascos e a zona en torno a Caesaraugusta
e Ilerda, quizás en conxunción coa bacauda que opera na zona.
tamén se emiten
moedas co nome do rei, o primeiro “bárbaro” en facelo: isto supón, no contexto
tardo-antigo, unha declaración de independencia. As usurpacións sempre ían
acompañadas dun feito semellante. Hai moedas procedentes de zonas controladas
por xefes bárbaros pero sempre co nome do emperador. Eran por tanto mostras de
lealdade, e os xefes parte do organigrama romano. Incluso os vándalos acuñaron
moeda en nome dos emperadores.
xullo, 31: morre Xermanus.
Aetius derrota a bacauda en torno a Tours: o seu xefe Eudoxius, médico, fuxe onde os hunos.
Segundo a chronica gallica
aconsellará a Atila que dirixa as súas ambicións cara Gallia. Chega a Gesoriacum
(Boulogne), onde quizás reciba unha comisión de nobres britanos reclamando
axuda contra os saxóns.
probablemente se redacta o laterculus
polemii, en Verona, unha listaxe das provincias do imperio.
segundo rebrote
de bacauda en Hispania baixo o mando unificado de Basilio e atacando e saqueando incluso cidades, no só o campo.
novembro, 22: o
concilio de Constantinopla, baixo Flavianus,
depón a Eutiques. Iníciase o cisma
do monofisismo. Dioscorus forza a situación e obriga a Teodosio II a convocar
un novo concilio para o ano seguinte en Éfeso.
Kou Qianzhi, reformador
daoísta chinés, morre logo de converter o emperador Taiwu, da dinastía Wei e establecendo o daoísmo coma relixión
dominante na zona. O seu pasamento presaxia o renacemento do budismo coma fe
dominante en China.
A dinastía Wei
ocupa os oasis de Koutcha e Karachahr.
Ningún comentario:
Publicar un comentario