Africa www.cassiciaco.it |
Dioscorus e Eudoxius,
cónsules.
os hunos xa posúen
capacidade tecnolóxica para atacar cidades fortificadas: saquean e toman Margus, Naissus, Serdica e Arcadiopolis. A escaseza de tropas
imperiais (destacadas contra os vándalos) fai que cheguen ata Adrianopolis e Heracleia, case ameazando Constantinopla. Aspar volve apresuradamente de Sicilia e planta cara no Quersoneso (primeiro
enfrontamento huno – romano a gran escala) pero é derrotado. Teodosio II solicita novas negociacións.
Zerkon, un anano mauretano na
comitiva de Aspar, é capturado por Bleda, que aprecia as súas dotes
humorísticas. Á morte de Bleda é rexeitado por Atila, que llo ofrece a Aetius, que o manda de regreso con
Aspar. Aconsellado por Edecón,
Zerkon volverá en 449 onde os hunos cunha comitiva romana para recuperar (sen
éxito) a muller que lle fora concedida por Bleda.
novos asentamentos de foederati en Gallia.
Valentiniano
III recoñece, coa aceptación de Constantinopla,
o dominio vándalo sobre un territorio inda maior: devólvense Mauretania e Numidia ao imperio (zonas
exhaustas e depredadas) pero Gaiserico ve recoñecida a súa autoridade sobre Africa Proconsularis e Byzacena (inda ricas) co que controla todas
as terras ao oeste de Tripolitania. Os
romanos recoñecen o reino vándalo coma un territorio independente, xa non
subsidiario ou independente dos romanos.
Gaiserico confisca propiedades e exime de impostos aos
propietarios vándalos. Só é rei dos vándalos, mentres que os cidadáns romanos
seguen rexidos polas súas leis. Seguen desterros de boa parte do clero católico
é desterrada, para debilitar a acción romana.
Hunerico comprométese coa filla de Valentiniano III, Eudocia. Hunerico estaba casado cunha filla de Teoderico I, pero seu pai acúsaa de querer envelenalo: a princesa
goda é mutilada e é enviada de volta a seu pai a Tolosa, sen orellas e sen nariz.
Gaiserico, a pesar de todos estes éxitos, ten que facer fronte a unha
revolta dalgúns nobres vándalos, que rexeitan a súa xefatura única.
Asterius, magister utriusque militiae, distínguese na represión da bacauda en Tarraconensis.
en Roma
constrúese a basílica de san Pedro en Vincoli, por desexo da emperatriz.
o archimandrita Shenouda funda o Mosteiro Branco,
próximo a Sohag (Exipto).
Eógan mac Néill, fundador do
reino de Ailech, en Hibernia, é bautizado por Patricio. É o primeiro rei católico da
illa.
concilio de
Vaison (Gallia). Armentario, bispo
presente na reunión, é o máis antigo coñecido desa sé.
Yazdgerd II emprende campañas contra os hunos
kidaritas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario