perímetro da Hispalis romana, sobre o rueiro da actual Sevilla, http://geografiadesevilla.wordpress.com/evolucion/ |
Cyrus de Panópolis e Seleucus, cónsules.
morre Hermerico, e Rechila
goberna xa en nome propio. Colle caro o norte dende o sur de Lusitania e toma Hispalis (Baetica), posiblemente en conivencia cun sector da aristocracia local. Sabinus, bispo de Hispalis, é expulsado e substituído por Epifanius, cuxa
ordenación é rexeitada por Hydacio por “fraudulenta”. Epifanius
cooperaría cos suevos, en interese mutuo. Isto confírmase en 458 coa volta de Sabinus
a Hispalis dende Gallia (sé do poder godo), logo
de que Teodorico II, en nome de Avitus, reconquiste Hispania para o imperio.
Rechila conseguirá exercer a súa potestas tamén sobre Baetica e Carthaginiensis inda que é
complexo saber ata onde chega esta autoridade. Non conquista as provincias de
maneira sistemática. En realidade, semella que a maioría do continxente suevo ten
base en Emerita e a conquista é
puramente nominal.
a administración imperial
nestas provincias cesa co beneplácito, ou incluso colaboración, de potentes
intereses provinciais. Os líderes relixiosos e militares
pugnan, apoiándose e enfrotándose uns noutros, por lograr os seus propios fines
nun contexto onde o poder imperial é cada vez máis feble.
os apoios suevos son variados:
a poboación explotada económica e socialmente polo sistema, os priscilianistas
(arraigados en Callaecia) e a bacauda. O clero está fortemente
dividido, cun gran continxente próximo ao priscilianismo. Algúns bispos (como Ortyginus) son depostos e outros apoian
os suevos (Symphosius).
Symphosius actúa como embaixador en representación de intereses suevos. Isto non é
unha interferencia planificada polos suevos (Hydacio mencionaría a perfidia sueva); máis ben reflectiría
que non todos os provinciais ou honestiores
tiñan friccións cos suevos ou estaban interesados en expulsalos. En efecto, en
446 Vitus será enviado para represaliar os provinciais que colaboraran
cos bárbaros.
só Tarraconensis está baixo a órbita imperial, quizás co apoio de foederati godos, dependentes ou non de Tolosa. A situación é sutil: a
autoridade imperial sobrevive pero ten que competir con outros centros de
poder; un cambio que se vai estender a toda pars
occidentalis. Porén, Aetius xa consolidara a súa posición en Ravenna e estabilizara Gallia e, por tanto, está en disposición
de volver prestar atención a Hispania.
a primeira prioridade é a bacauda, que tamén xorde en Tarraconensis (ameazadas Araceli e Tarazona) en coincidencia coa gala (conducida por Tibatón entre o Loira e o Sena).esta localización fai pensar en conexións coas poboacións vascas, que se atopan en periodo de migración e expansión nos territorios da actual Euskadi e na Novempopulania; un proceso que acabará a finais do s. vi.
conexións aparte, as poboacións vascas e a bacauda coincidirían en oporse ao mundo tardorromano. Así, non é raro que o goberno imperial, agora algo máis libre en Gallia, trate de eliminar estas revoltas de xeito enérxico. Esta é unha ameaza máis grave que os suevos porque destrúe a base do control imperial. Asturio, magister utriusque militiae, é enviado á península comandando un poderoso continxente militar.
os saxóns asentados na boca do Támesis rebélanse e parte de Britannia sofre as consecuencias. Vortimer (fillo de Vortigern) derrótaos en catro batallas en Kent. Os enfrontamentos xeneralízanse por toda a illa (crónica Anglo-saxona).
conexións aparte, as poboacións vascas e a bacauda coincidirían en oporse ao mundo tardorromano. Así, non é raro que o goberno imperial, agora algo máis libre en Gallia, trate de eliminar estas revoltas de xeito enérxico. Esta é unha ameaza máis grave que os suevos porque destrúe a base do control imperial. Asturio, magister utriusque militiae, é enviado á península comandando un poderoso continxente militar.
os saxóns asentados na boca do Támesis rebélanse e parte de Britannia sofre as consecuencias. Vortimer (fillo de Vortigern) derrótaos en catro batallas en Kent. Os enfrontamentos xeneralízanse por toda a illa (crónica Anglo-saxona).
primavera: Teodosio II organiza unha expedición
contra os vándalos: as tropas proceden da fronteira do Danubio, mandadas por Areobindus, Ansilas, Inobindos, Arintheo e Xermano e transportadas por 1100 navíos. Gaiserico reacciona e pretende negociar cando as tropas están xa en
Sicilia. Finalmente o ataque persa no leste desbarata os plans e as tropas
deben retirarse para reforzar o Danubio e a fronteira leste.
Domnus sucede a seu tío Xoán
coma patriarca en Antioquía.
primavera –
inicio de verán: Bleda e Atila rompen negociacións con Senator, embaixador oriental e coordinan un ataque contra o
imperio de Oriente, cruzando o Danubio. Bleda ocupa Sirmium,
fai prisioneiros aos seus moradores e progresa cara o norte: a Pannonia secunda é agora huna. Atila saquea e ocupa Ratiaria.
o bispo de Sirmium consegue que o tesouro da
catedral atravese as liñas hunas durante o asedio coa complicidade de Constancio, secretario de Bleda e
orixinario de Galia. Con ocasión dunha visita oficial a Roma son deixados a
cargo de Silvanus, banqueiro. Bleda
empala o bispo por traizón e Atila reclamará estes bens durante as negociacións
de 450.
Hunixis, ministro de orixe
greco–latina de Bleda, fai construír unhas termas en Sirmium, próximas ao seu palacio, logo do asedio e toma da cidade.
Yazdgerd II rompe a tregua de seu pai con Teodosio II e ataca Teodosiopolis e Satala. Porén, Anatole, magister militum per orientem resiste e
acorda un novo tratado de paz.
outono – inverno:
o apartamento de Pulcheria senta un
precedente. Téndose desfeito da interferencia dunha augusta, Chrysaphius pretende facelo coa otra. Eudocia está a punto de abandonar a
corte. Evidencia disto sería unha pasaxe da Suda,
que se apoiaría na testemuña do historiador Priscus, contemporáneo aos feitos; e todo en relación á figura de Cyrus de Panopolis, prefecto do
pretorio do leste e praefectus urbi
en Constantinopla.
en agosto Cyrus
inda obstenta os seus cargos pero é rapidamente relegado a un escuro e distante
bispado frixio. Chrysaphius debeu convencer a Teodosio II que Cyrus se podía
constituír nun rival poderoso a ollos do pobo e argallou o affair con Eudocia para relegalo. Eudocia tamén sae defenestrada
cara Palestina a finais de ano.
terras desertas
en torno a Valentia son concedidas a
un continxente de alanos comandado por Sambida.
A pretensión é seguir a estabilizar a zona e liberar recursos para solucionar
as revoltas da bacauda.
concilio de
Orange: asiste un tal Agrestius, quizás
bispo de Lucus, autor da obra de fide. Busca apoio en Gallia contra o priscilianismo, endémico
en Callaecia: ao pretender apoio tería
que dar testemuña da súa ortodoxia e é neste contexto onde a composición
referida cobra o seu sentido.
tamén se tratan cuestións
de autoridade en Callaecia: dous dos
seus rivais, Syagrius e Pastor, ían ser ordenados de xeito
inadecuado por outras faccións cristiás; as diferenzas tamén poden estar en
relación con asuntos de xurisdición (uso do distrito xudicial ou conventus) en Hispania.
a apelación de Agrestius ao concilio é benvida por Hilario de Arelate e os seus partidarios, que poden alegar que a súa autoridade é respectada tamén en Hispania; tamén os leigos, Eparchius Avitus á cabeza, saen reforzados ao amparar a ortodoxia de Agrestius.
a apelación de Agrestius ao concilio é benvida por Hilario de Arelate e os seus partidarios, que poden alegar que a súa autoridade é respectada tamén en Hispania; tamén os leigos, Eparchius Avitus á cabeza, saen reforzados ao amparar a ortodoxia de Agrestius.
Ningún comentario:
Publicar un comentario