luns, 17 de setembro de 2012

802


representación de Irene
mosaico en Hagia Sophia
Afonso II de Asturias é derrocado por uns conspiradores e encerrado nun mosteiro, pero pouco despois os seus partidarios logran devolverlle a coroa.

al-Hakam I non acaba de dominar o seu territorio. Despois de resolta a rebelión de seus tíos,  rebélase en Zaragoza Musá ibn Fortún, dunha influínte familia de muladíes (os banú Qasí, de Cassius, un comes godo do val do Ebro convertido ao islam logo da conquista para conservar os seus ben; banú Qasí significa "fijos de Cassius"). Musá ibn Fortún é neto e axudara a Hisam I nas loitas posteriores á morte de Abd al-Rahmán I. Casou coa viúva de Eneko Ximénez, un caudillo vasco, e seu irmán, Mutarrif ibn Musá, fora gobernador de Pamplona, a cidade máis importante de Navarra, onde morreu dous anos antes de ser tomada polos francos. O gobernador de Huesca, Amrús ibn Yúsuf, logrou, no sen grande traballo, someter a Musá, que morreu ese mesmo ano.

escríbese o dereito consuetudinario saxón.

Offa impuxera como rei Wessex a Beorhtric, expulsando a Egbert outro membro da familia real, que buscara refuxio entre os e servira a Carlomagno durante os tres últimos anos. Beorhtric morre e Egbert regresa rapidamente á súa terra, onde, como único membro da casa real, foi proclamado rei. A morte de Beorhtric tamén permitiu a León III desfacer o que anos antes se vira obrigado a facer: o arcebispado de Lichfield, en Mercia, é abolido e Canterbury volve ser cabeza da igrexa en Inglaterra.

Irene planea reconstruír a unidade do antigo imperio romano cunha voda con Carlomagno. Inícianse negociacións, pero os militares, dende sempre opostos a Irene, consideran que a reacción adecuada ante a usurpación do título imperial por parte do franco non era una voda senón unha guerra. Por iso as negociacións interrómpense cando unha conspiración de xenerais ben organizada secuestra a Irene e reclúea nun convento na illa de Lesbos, e é nomeado emperador o seu tesoureiro co nome de Nicéforo I, que inicialmente ten que compracer os militares e declarar a guerra a Carlomagno, inda que fai o posible para finalizar o tema canto antes. non é difícil porque Carlomagno tampouco tiña interese na guerra.

en Asia, Jayavarman II é rei do Chen-la das augas, anexiona a outra metade do reino e instálase en Mahendraparvata. Instaura o culto a Devarajá, deus-rei, amo e creador do país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario