representación de dúas persoas xogando shatranj |
Valentiniano III e Anatolius, cónsules.
xaneiro: arresto
e deportación a Caesarea de Paulinus, magister officiorum e amigo de Teodosio
II, por un suposto affair coa
emperatriz Eudocia (na Epifanía esta
envíalle un agasallo e Teodosio II monta en cólera); Chrysaphius estaría detrás da instigación. Paulinus será finalmente
executado por orde imperial.
consagración de
María a Maior en Roma (mosaico da ‘separación de Lot e Abraham’) e construción
do baptisterio Laterano.
Aetius, magister militum, regresa (triumphator)
a Roma logo de anos loitando en Gallia.
O Senado, por orde imperial, eríxelle unha estatua. A súa posición é agora máis
sólida: por unha banda, traballa coa familia aristocrática máis destacada, os Anicii e, por outra, favorece a
familias de Gallia (encárgalles
importantes postos administrativos e incluso lles da acceso ao consulado, a praefectura urbi Romae, ou a praefectura praetorio Italiae). Co seu
apoio conseguirá controlar as finanzas públicas. Porén, todo isto cáusalle problemas
coa aristocracia italiana, que ve perigar o seu predominio.
agosto, 19: morre Sixto, bispo de Roma.
os vándalos (xunto
con alanos, mouros, e algúns godos) atacan Sicilia, agora o principal
subministrador de cereal para Italia, e asedian Palermo. Saquean as cidades
costeiras e regresan cargados de botín.
Aetius trata de
facer fronte en Italia a ameaza vándala.
os francos saquean Treverorum.
(ata 450) nova
vaga de demolición de monumentos, altares e tempos en Atenas, Olimpia e outras
cidades gregas.
os hunos (Atila)
reaparecen nas fronteiras occidentais. Atacan mercadores na beira norte do
Danubio e cidades do Illyricum,
incluída Viminacium, en Moesia.
os hephtlitas móvense cara o sur dende o Altai e entran
en Transoxiana, Bactria, Khorasan e o leste de Persia.
inaugúrase un centro de estudos budista en Nalanda
(Bihar) nas chairas do Ganxes.
o chaturanga
(un xogo indio de guerra e predecesor do xadrez) vai evolucionando por medio do
xogo persa do shatranj no val do
Indo.
setembro, 29: entronización de León I como bispo de Roma.
Próspero de Aquitania está en Roma e actúa en
calidade de secretario ou notario de León I. Procede de Massilia, onde pode que ambos se coñeceran, xa que sendo diácono o
bispo realizara viaxes a Gallia,
algúns en misións imperiais.
León I condena a Eutychius,
quen propón unha forma de monofisismo polo que a natureza humana de Cristo é
absorbida pola divina. Segundo Gennadius
de Massilia (de viris illustribus,
lxxxiv, 89) Próspero é quen dita as cartas do bispo de Roma.
Valentiniano III ameaza con penas severas aos
comerciantes que non se axusten aos prezos oficiais, sinal dunha inflación
desbocada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario