representación dunha típica manobra de combate huna pablo-romanempire.blogspot.com |
Petronio Maximus e Flavius Paterius, cónsules.
a bacauda hispana ataca Arecilium. Quen forma estes grupos?: a, nativos
de zonas pouco romanizadas que se erixen en forza independente; b, colonos e
escravos que rebelan e enfrontan contra terratenentes e exército; c, simple
bandoleiros.
Asturio (probablemente hispano)
é relevado polo seu xenro Merobaudes,
indicio do interese da aristocracia hispanorromana en destruír a bacauda, que pon en perigo as súas bases
de prepotencia socioeconómica, así como do influxo que esta, cando menos a da Tarraconensis, seguía tendo no goberno imperial.
A actividade de tales xenerais romanos debeu de restablecer a situación polo
momento.
León I ataca os maniqueos de Roma: un debate público no que queima os seus libros
e advirte aos romanos na súa contra.
os burgundios asinan un foedus
con Roma e adquiren o status de foederati.
Son asentados en Sapaudia e Sequania, con
capital en Maxima Sequanorum
(Xenebra); vanse estendendo polas concas do Saona e Ródano cara o Mediterráneo.
O rei chámase Gundioco.
agosto: tratado de paz entre os
hunos e o imperio (1ª de Anatolia): Teodosio II entrega 6000 libras de
outro en concepto de rescate dos prisioneiros e acorda un tributo de 2100
libras de ouro por ano. Algúns príncipes hunos cativos en Constantinopla
rexeitan volver cos seus e son os propios cidadáns da capital quen os obriga
(algúns mátanos) ao ver perigar a paz.
os habitantes da pequena aldea
de Asimus, que foran quen de rexeitar
os ataques hunos, néganse a liberar os prisioneiros hunos feitos a pesar da
intervención imperial. Ao parecer matáranos, excepto dous, e responden que os
liberarán a cambio de dous nenos en poder dos hunos. Atila ameaza con non
respectar a paz se non se castiga a aldea pero debe retirarse cando se fai o
intercambio solicitado pola aldea (?).
a campaña de desprestixio contra a emperatriz Eudocia finalmente consegue que
Teodosio II decrete o seu exilio a Palestina.
en Britannia, a
causa dos conflitos entre os diversos núcleos de poder, esténdese a fame.
Medran as diferenzas entre pelaxianos e ortodoxos; moitos destes emigran a Gallia.
Gunabhadra, monxe
budista indio, é convidado polo emperador de Liu Song. Traduce o Lankavatara
Sutra do sánscrito ao chinés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario