moeda sueva século V probablemente |
Teodosio II e Petronius Maximus, cónsules.
primavera: a instancias de Teodosio II, Sixto
III media na controversia cristolóxica entre Cirilo e Xoán de Antioquía.
Alcanzan un acordo (Fórmula de reunión) en nome da concordia, a paz nas igrexas e a estabilidade do imperio. O prezo, como di Nestorio no seu Libro das Heráclidas, é a confirmación da súa deposición e condena definitiva. Cirilo
pronuncia un discurso (23 abril) que anuncia a nova situación.
outono: Aetius regresa a Italia con novos mercenarios hunos. A posición de Sebastianus é feble e rexeita enfrontarse abertamente, decide abandonar Ravenna e buscar refuxio en Constantinopla. Aetius consegue ser nomeado novo magister peditum por Placidia, quen teme os seus buccellarii. Tamén é proclamado protector de Valentiniano III (14 anos). A partir de agora el decide as políticas imperiais. É posible que os hunos de Ruga conseguiran novas concesións no Danubio, quizás a consideración de foederati.

os bucelarios son típicos da tardoantigüidade: tropas
privadas pagadas por militares e persoeiros de alto rango para a súa protección
persoal; tiveron gran influencia no acceso ao poder de xeneralísimos coma
Aetius ou Ricimero. A carreira do
primeiro corroboraría este feito. Casou coa viúva de Bonifacio e herdou o
séquito deste. Ernst Stein sospeita que o número de bucelarios de Aetius
igualaría en número ás tropas regulares: inda sendo rexeitado por Gala Placidia
e Valentiniano III, non podían desfacerse del. Cando lles foi posible, o estado
xa non podía reverter a situación: non existía posibilidade de exercer
autoridade algunha prescindindo de bucellarii.
outono: Constantinopla busca crea alianzas contra os hunos entablando
contacto con tribos coma Amilzur, Itimar, Tonsur e Boïsque. Ruga protesta en
Constantinopla mediante embaixadores.
os tamiles establécense en
Ceilán.
a aristocracia local de Gallaecia ten que negociar
directamente con Hermerico, o xefe suevo.
O principal punto de conflito é o intento suevo de controlar as zonas sur e
centro da provincia, posiblemente na contorna de Ourense. Probablemente os
bispos están presentes nas negociacións e subscribirían os acordos.
Hermerico ten pésima reputación:
un suevo pérfido que incumpre todo canto queda en cumprir. As fontes non dirían
tanto: primeiro, non se sabe que actuara fóra de Callaecia e en 19 anos de mandato só hai ataques aos nativos en
catro: non sería o salvaxe que pinta Hydacio, pero inda así o conflito
existe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario