Próspero de Aquitania |
Aetius e Valerius,
cónsules.
Teodosio II cede e permite oficialmente que Cirilo volva ocupar o seu cargo.
xaneiro-febreiro: desátanse as tensións entre Aetius e Placidia. O xeral é destituído das súas
funcións, que pasan a mans de Bonifacio.
marzo, 15: Celestino
I aproba a substitución de Nestorio
por Maximiano.
Próspero de Aquitania publica de gratia dei et libero arbitrio
contra a collatio de Xoán Casiano. Induce a que Celestino I
publique epistola ad episcopos gallorum
contra algúns membros da igrexa gala. Próspero e Hilario (non o bispo de Arelate)
mantiveran correspondencia con Agostiño sen
chegar a coñecelo persoalmente: o seu entusiasmo por el lévao a resumir o
comentario sobre os salmos e compilar fragmentos de obras; tamén compón epigramas
(106) cos dicta teolóxicos.
xullo, 27: morre Celestino I.
xullo, 31: elección de Sixto III (Xystus) para suceder a Celestino I.
segundo Baronius
e Platina, Sixto foi acusado de
deitarse cunha virxe pero foi absolto nun concilio presidido por Valentiniano III, quen seica dixo
“porque o xuíz de todos non debería ser xulgado por ninguén.”
outono: Aetius presenta batalla en Ariminium pero é derrotado; porén, Bonifacio morre tres días
despois da batalla a causa das feridas recibidas en combate e é substituído por
Sebastianus (xenro de Bonifacio)
coma magister peditum. A loita de
poder queda unha vez máis aberta. Sebastianus planea un atentado contra Aetius,
refuxiado en Roma, pero fracasa e este
ten que fuxir cara Dalmacia e Pannonia, buscando enrolar máis
mercenarios hunos.
conságrase a igrexa a Sabina en Roma.
Ruga unifica os continxentes hunos nas planicies panonias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario