representación romántica de Wallia |
consulado de Teodosio II e Palladius.
Avitus (morto en 440),
presbítero de Bracara coma Orosio, escribe unha carta (dirixida ao
bispo Balconio) para a súa congregación en Hispania.
Conta que lles envía po e osos das reliquias recentemente descubertas,
adquiridos secretamente dun presbítero local que as desenterrara. Acompaña
ambas cousas coa súa tradución ao latín da narración de primeira man deste
descubrimento ditada en grego (epistula
luciani, que sobrevive como a única testemuña contemporánea do achádego).
Avitus desexa que Estevo estea a carón
do bispo e a xente de Bracara como
“axuda e patrón” nos difíciles tempos da ocupación bárbara.
Avitus sería o primeiro hispano tradutor do que temos noticia
certa e nome coñecido. Levaba anos fóra da casa: non tiña experiencia de
primeira man da presenza bárbara en Hispania,
os sufrimentos dos seus paisanos dos que fala son máis imaxinación súa que
lembranzas. Tivo certo papel nas controversias do ano anterior ao reunir certas
condicións: un occidental con coñecementos de grego, fixo de diplomático,
tradutor e intérprete. Estaba en xogo un punto de vista latino no medio dunha
igrexa gregofalante, e a diferenza lingüística empezaba a ser importante.
porén, a Bracara non chegaron nin Orosio nin o
seu encargo. Orosio emprende viaxe a inicios de ano cara Africa e Agostiño,
portando as novas do proceso a favor de Pelaxio.
Logo tería embarcado para Hispania,
pero durante unha parada en Menorca non puido continuar viaxe; a ruta debía
estar cortada pola presenza bárbara.
o bispo Severus
no seu conmonitorium (escrito entre
404 e 438) fala de dúas cidades en Menorca: Mago
(Mahón) e Iamona (Ciudadela). Na
segunda non había comunidade xudía (non eran moi ben recibidos) pero na
primeira si. Theodorus era o pater partum da sinagoga, defensor civitatis e patrón da cidade.
Gozaba de grande autoridade tanto entre xudeus coma cristiáns, era
extremadamente rico e tiña tamén propiedades en Mallorca. Había outras
personalidades significativas na comunidade xudía: Caecilianus, defensor
civitatis e pater. Florinus, pater senior. Hectorius,
de rango senatorial, que fora comes. Innocentius,
irmán de Theodorus, dono de escravos e con amplos coñecementos culturais
greco-latinos. A convivencia en Menorca entre cristiáns e xudíos era boa. A
chegada de Orosio e as reliquias alteraríaa irremisiblemente.
incapaz
de continuar viaxe Orosio volveu a Africa,
deixando á comunidade cristián de Menorca as reliquias. Foron depositadas na
igrexa de Mago. O padroado do santo
empregárono contra a poboación xudía local que foi perseguida e a súa sinagoga
foi destruída (construíuse unha igrexa no lugar); houbo unha conversión masiva:
Theodorus, e o seu sobriño Galileus,
entre outros moitos.
a datación dos acontecementos é imprecisa (neste ano ou
ata 418). E estas persecucións e conversións forzadas son precedente das que
tiveron lugar en Hispania baixo
monarcas godos.
marzo, 1: edicto de Honorio
onde se perdoan os delitos cometidos por cidadáns a causa da ameaza dos
bárbaros.
o pelaxiano Xulián
convértese en bispo de Eclanum
(Campania).
Constancio negocia
un tratado con Wallia por mediación de Euplutius. Os godos tiñan
necesidade premente de provisións (provocada polo bloqueo ordenado polo xeral
iliro). Gala Placidia é liberada despois de recibir 600.000 modii de trigo para o seu substento. Attalus
fuxe pero é capturado por Constancio. É trasladado a Ravenna, torturado, humillado polas rúas de Roma nun triunfo conmemorando
a Honorio e logo exiliado de por vida ás Lipari.
xuño 28 – xullo, 6: xogos en
Constantinopla celebrando a caída de Attalus.
é moi cuestionable que o groso
do continxente godo deixara Barcino e
Tarraconensis; probablemente a
tentativa de cruzar a Africa dende Gades sexa unha lenda sen fundamento.
Evidentemente tentaron conseguir alimentos por si mesmos e igual houbo algún
continxente que tentou a travesía pero o seu fracaso decidiría a Wallia a
abandonar plans neste sentido. Tamén pesaría o precedente de Alarico,
que tentara pasar a Sicilia.
a residencia de Ataúlfo
e Wallia en Barcino confirma que Tarraconensis estivera anteriormente libre
de presenza xermana. E a ocupación desta cidade debeu ser pacífica. Tampouco
hai evidencia anterior de conflito entre os propios bárbaros entre si. A
situación era abondosa como para asimilar a presenza de todos. As evidencias
testemuñan que había comercio pacífico entre eles. A carencia goda era
artificialmente creada pola autoridade imperial. Os vándalos aproveitáronse
tamén ao pedir un prezo esaxerado aos godos xa que pedían un solidus por cada medida de trigo. Isto
confirma que había boas colleitas e paz, por tanto. Isto antes de que
Constancio logrou o seu tratado cos godos.
Wallia inicia
campañas contra os vándalos silingos dirixidos por Fredebal en Baetica e
case os extermina totalmente. Tamén loita contra os alanos baixo Addac, que morre loitando en Lusitania, reducindo tanto o seu número
que os que sobreviven refúxianse con Gunderico,
que comanda aos vándalos asdingos; este acepta a antiga dignidade do alano Respendial. Inda que algúns deben ter
permanecido en Hispania, a maioría
foi a Africa cos vándalos en 429.
Posteriormente os reis vándalos nomeáronse rex
wandalorum et alanorum.
é imposible
determinar a secuencia ou localización destas loitas. De Hydacio pódese decidir que os alanos foron os primeiros obxectivos
da ofensiva goda posto que eran máis poderosos que os vándalos ou os suevos e
sería lóxico que quixeran lidar con eles primeiro. Porén, Hydacio consigna a
derrota dos silingos en primeiro lugar.
último dos tres edictos publicados (o primeiro en 397) que
Honorio publica referidos á
prohibición de levar pantalóns, pelo longo e abrigos de pel ao estilo bárbaro
dentro da cidade de Roma. A redacción do 416, especialmente, da a entender que
esta moda era un furor entre a xente e que os edictos anteriores foran
desatendidos.
Hypatio (chamado “a espada de Deus”)
extermina os últimos pagáns de Bithynia.
decembro, 7: en
Constantinopla son despedidos todos os oficiais do exército, empregados
públicos e xuíces que non sexan cristiáns.
o Libro dos Reis (Xava) rexistra a
erupción do Krakatoa.
Rutilius
Claudius Namatianus inicia o ser viaxe dende
Roma a Gallia, que será reflectido en
de reditu suo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario