Flavio Constancio |
xaneiro, 1: Gala Placidia é prometida por Honorio a
Flavio Constancio contra os seus desexos. O xeral é nomeado patricius.
xaneiro, 27: Inocencio I resposta a cartas
procedentes dos bispos de Africa; Pelaxio e Caelestius son excomungados.
Orosio refírese en historiarum adversus paganos libri VII,
aos aspectos negativos do imperialismo romano e algúns positivos das incursións
dos grupos bárbaros. Recoñece a misión da Roma eterna, porén. Ao contrario que Agostiño a súa obra reflicte certo
optimismo. Orosio está orgulloso da súa romanidade, inda que para el un
problema moi grave son as guerras entre os propios romanos.
Melania a nova e a súa familia chegan a Xerusalem.
Fuxiran dos disturbios causados por Alarico,
primeiro a Sicilia (onde morrera Rufinus) e logo a Africa. Primeiro aloxouse na ‘anastasis’, e colleulle tal lei que nunca deixaba a proximidade
á cruz. É probable que os peregrinos e visitantes desbordaran a capacidade dos
edificios de Xerusalem de non haber aloxamento e servizos específicos. Melania
pode ter residido na rotunda en torno á anastasis, cuxa fundación fora
planificada por Couasnon (s. iv) –
quizás na planta superior das celas monásticas situadas ao norte.
as circunstancias
do imperio occidental contribúen a que a riqueza flúa cada vez máis cara
Palestina. A ameaza constante dos bárbaros fixo que moitas propiedades
aristocráticas puideran caer nas súas mans. Por exemplo, Melania liquidou as
súas propiedades no oeste ante a ameaza goda para evitar que caeran nas súas
mans e ofreceunas á igrexa. Algunhas propiedades en Hispania, porén, non puideron ser vendidas.
marzo: morre Inocencio
I (12) [no seu legado están o restablecemento de relacións con Antioquía, o
celibato dos cregos e constituírse como xuíz de apelación ante outros bispos] e
Zósimo (18) é elixido novo bispo de
Roma.
marzo, 22: os
bispos de Arelate obteñen de Roma o estatuto de primacía sobre o
resto de bispos de Gallia.
Palladius convértese en bispo de Aspuna (Galatia).
os cánones do concilio de Elvira fan referencia a certas
actitudes violentas de carácter relixioso en Hispania contra a comunidade xudía.
en Gallia non
hai datos que indiquen ataques a sinagogas ou disturbios anti-xudeus.
verán e setembro, 21: Inocencio I absolve a Pelaxio e
Caelestius e escribe aos bispos africanos explicando porque están dentro da
ortodoxia. Setembro, 23: Agostiño le un sermón que declara o debate sobre o
pelaxianismo pechado; a carta papal chega días máis tarde.
dítanse leis prexudiciais para os xudeus: prohibición de
exercer cargos públicos, de ter servos cristiáns e circuncidalos –417– ou a
exclusión da milicia –418 (C. Th. XVI, 8, 24)– coas que se tentaba
evitar que exerceran calquera dominio sobre os cristiáns. Langmuir cree ver a
influencia dos teólogos más radicais ante o problema xudeu e, en concreto, a do
pensamento de Ambrosio, pero non
podemos desligalas dos esforzos feitos por Honorio para obter axuda de
Constantinopla, sobre todo tras o asasinato de Estilicón, que fora partidario da transixencia relixiosa.
outubro, 31 (a partir de): durante o seu viaxe de regreso
a Gallia dende Roma Rutilio Namaciano ten tempo e
oportuniade de visitar a amigos con villae
próximas á costa italiana a pesar dos problemas na súa patria.
o senador pagán Rutilio Namaciano lamentábase de que a
nación vencida oprimira entonces coas súas leis aos vencedores (victores que
suos natio victia premit). Inda que é probable que esta queixa concreta
fora dirixida contra o groso dos xudeus e cristiáns, entre os que non vía
diferenza, ao comprobar a muda sufrida polos antigos costumes. Rutilio sentía
verdadeira aversión cara os primeiros, a quen consideraba raza inmunda (debita
genti). O seu caso é excepcional e, en xeral, os intelectuais pagáns foron
defensores da tolerancia relixiosa e da convivencia pacífica de todos os credos
para poder asegurar así a súa propia supervivencia.
novembro, 8: Paulino
de Mediolanum non cede ante Roma na
cuestión do pelaxianismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario