mércores, 7 de decembro de 2011

o segredo do sétimo fillo

portada edición americana
De súpeto o neno alongou o brazo, colleu a pluma coa pequena man dereita e puxo o extremo sobre a páxina.
Moveu a man en círculos. A pluma raiou o pergameo ruidosamente. As letras eran grandes e torpes pero claras abondo para podelas descifrar:

v - a - s - c - o

-Vasco -dixo Paulinus cando escribiu a última letra.

s - u - a - r - i - z

-Vasco Suáriz -entonou Xosé-. Un nome portugués.
Entón xurdiron da súa xuvenil man uns números tamén infantís.

8 6 800 mors

- O octavo día de xuño de 800 -dixo Paulinus.
- Por favor, Xosé -interveu Iosephus-, comproba en que páxina vai Octavus. Que ano está a rexistrar?
Xosé mirou por enriba do ombreiro de Octavus e examinou a páxina:
- A última entrada é do sétimo día de xuño de 800!
- Bendito Deus! -exclamou Iosephus-. Están conectados como se fosen un só!
Cada un dos catro irmáns tentou descifrar a expresión dos outros á luz danzante das candeas.
- Sei o que están a pensar -dixo Magdalena-, e non podo consentir.
- Como pode sabelo, prioresa, cando nin eu mesmo o sei? -contestou Iosephus.
portada edición inglesa
- Pescude na súa ánima, Iosephus -dixo con escepticismo-. Estou segura de que sabe o que pensa.
Paulinus ergueu os brazos para protestar.
- Falan por medio de enigmas. Acaso non pode un vello ter a esperanza de saber de que están a falar?
Iosephus ergueuse lentamente para non marearse.
- Deixemos ao rapaz con Octavus durante un rato. Non fará nada malo. Gustaríame que os meus tres amigos se reunirán comigo arriba, onde poderemos ter unha conversa piadosa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario