suposto monograma de Ricimer aparecido no anverso de moedas da época |
a súa é unha figura controvertida e non hai concordo á hora de xulgar se a súa influencia foi positiva ou negativa en relación aos acontecementos que finalmente desembocaron na ausencia de emperador en occidente e a conseguinte desaparación do estado romano como tal. A historiografía tradicional asígnalle un papel netamente negativo, pero é probable que as súas actuacións foran máis ben producto de tendencias poderosas difíciles de contrarestar máis que de decisións puramente personais.
sexa como fora o que parece certo é que os seus intereses centráronse na defensa de Italia fronte á constante ameaza dos vándalos asentados nas ricas terras de Africa. Probablemente, para este fin, contaba co apoio incondicional do que quedaba das unidades militares imperiais, barbarizadas na súa maioría, en Italia e o apoio económico da aristocracia senatorial da península, que temía perder as súas propiedades italianas, como moitos perderan as africanas. As incursións e saqueos debían ser recurrentes por todo o Mediterráneo e os italianos tenderon a centrar os seus esforzos en defenderse de Xenserico máis que de recuperar o dominio sobre Gallia ou Hispania, territorios perdidos xa para Roma.
durante o seu periodo de influencia detentou os cargos de patricius e magister militum, con poder efectivo, e non foi demasiado amigo de cargos honorarios como o de consul. Durante este periodo ocuparon o trono Maioriano (457-461), Libius Severus (461-464), Antemius (466-472) e Olybrius (472), todos eles chamados "emperadores marionetas" e que morreron, segundo algúns, pola participación directa de Ricimer.
Maioriano e Antemius non foron precisamente marionetas, máis ben tiñan as súas propias follas de ruta, que chocaron cos intereses que defendía Ricimer, centrados exclusivamente en defender a península e non embarcarse en aventuras de restauración imperial que probablemente xa eran consideradas imposibles ou alleas entre os aristócratas italianos; unha situación que Ricimer debeu entender moi ben.
en todo caso Ricimer é un eslabón na cadea de figuras fortes en Occidente, xunto con homes coma Estilicón, Constancio, Aetius, e logo Odovacar. Na caída de todos estivo presente a sospeita de pretender tamén o poder simbólico para eles ou a súa familia directa, posto que o real xa o tiñan; excepto no caso de Constancio, que acadou ambas cousas, quizás por ser romano e non bárbaro, e que morreu vestindo a púrpura. Ricimer desdeñou os honores e limitouse a exercer o seu papel real. Tamén é certo que non consta que tivera fillos varóns, só unha filla.
a situación do poder central era cada vez máis precaria e quizás Ricimer non tivo máis remedio que ser realista e restrinxir as súas actuacións á península italiana e territorios lindantes, como máis tarde fixo Odovacar. E no tocante á súa posible perfidia el carga con esa sona pero sería convinte facer unha comparativa con outros persoeiros da época para decatarse de que o mundo estaba cheo de lobos e para sobrevivir nel quizás tivera que ser o lobo máis feroz. Pasa moitas veces na historia que se perde a perspectiva cando hai que estar constantemente loitando contra todo o mundo.
BIBLIOGRAFÍA: FLOMEN, Max. "The Original Godfather: Ricimer and the Fall of Rome," Hirundo, the McGill Journal of Classical Studies, Vol.8 (2009-10)
Ningún comentario:
Publicar un comentario