martes, 23 de xullo de 2013

xvi. navarra. aragón.

124. Orixe do reino de Navarra e Aragón. A orixe do reino de Navarra e Aragón é un dos puntos máis escuros da Historia de España.

Crese que o primeiro rei ou caudillo foi Garci-Ximénez, alá polos 750s; o segundo rei foi Eneco Arista; despois aparece Sancho II Abarca, e, despois doutros, Sancho III o Grande, que ensanchou o reino notablemente, agregándolles o Condado de Castela, polo seu casamento con Dona Elvira, filla e herdeira do conde Don García.

Sancho III o Grande
125. División do reino de Navarra. Ao falecer Sancho III o Grande, no ano 1035, repartiu o estado entre os seus fillos dando ao primoxénito García o reino de Navarra; a Fernando, Castela; a Ramiro, Aragón; e a Gonzalo, os condados de Sobrarbe e Ribagorza.

Castela e Aragón eríxense daquel en reinos independentes.

126. Unión de Navarra e Aragón. García IV, rei de Navarra, quixo reconstituír a unidade do reino, desmembrado por seu pai Sancho o Grande, e, ao efecto, propúxose destronar a seu irmán Fernando, rei de Castela; pero morreu nunha batalla, e o seu fillo e sucesor foi morto por un bastardo. Os navarros, entón, deron a coroa ao rei de Aragón, Sancho Ramírez, formando Navarra e Aragón unha única monarquía, por espazo de medio século.

127. Separación de Navarra e Aragón. Ao morrer Afonso I, o Batallador, rei de Navarra, volveron a separarse Navarra e Aragón; Navarra puxo no trono a García Ramírez IV, e Aragón, a Ramiro II, o Monxe.

128. Outros reis notábeis  de Navarra. A García Ramírez sucedeulle Sancho VI o Sabio, que estivo en guerra con Castela.

Sancho VII o Forte, que tomou parte na batalla das Navas de Tolosa.

Xoana I, que casou con Filipe IV o Fermoso, fillo e sucesor do rei de Francia, pasando Navarra a formar parte da monarquía francesa.

Xoana II, en cuxo tempo Navarra recobrou a independencia.

Carlos II o Malo, que levou a cabo unha famosa expedición de navarros a Oriente.

Carlos III o Nobre, que se distinguiu pola súa rectitude e fama de xusticeiro.

Branca I, casada con Don Xoán, fillo de Don Fernando de Antequera, rei de Aragón, que adquiriu o título de rei de Navarra co nome de Xoán I.

Catalina, casada con Xoán de Albrit, últimos reis de Navarra, que foron destronados por Fernando o Católico, quedando Navarra incorporada para sempre á monarquía de Castela, en  1481.

a "súa" historia de España

Ningún comentario:

Publicar un comentario