destrución do Irminsul Heinrich Leutemann, 1882 www.wikipedia.org |
febreiro, 1: morre
Estevo III e varios candidatos
loitan por ser nomeados bispo de Roma.
Desiderio aproveita para recuperar
prazas.
febreiro, 9:
resulta elixido Hadriano I, quen
solicita axuda franca.
Desiderio impulsa
institucións de ensino en Ticinum.
Theodo, fillo maior de Tassilo
e Liutperga, é enviado a Roma para
ser bautizado por Hadriano I en Pentecostés. As inscricións no cáliz de Tassilo
constatarían que foi feito para celebrar con ocasión do bautismo de Theodo.
Quizás o sabio grego Dobdegrecus, no
entorno do bispo Virxilio de Salzburgo,
e que tiña como patróns os duques, participou no deseño da peza. O cáliz está
en Kremsmünster, onde foi doado polos
duques.
Lucifrido, pequeno labrego lombardo, cede a súa propia casa, nas
proximidades de Lucca, á igrexa, de
quen a recibe de volta a cambio dunha renda.
a influencia de
Desiderio alcanza o Danubio.
marzo: Yazid ibn Hatim, enviado a Ifriqiya á cabeza de tropas procedentes
da zona de Khorasan expulsa os kharidjitas da Tripolitana.
abril, 22: o bispo
de Roma xa non data as súas bulas
polo ano de reinado do emperador de Constantinopla.
abril, 25: os
armenios en rebelión contra o califa son derrotados na batalla de Bagrevand.
maio: Yazid ibn
Hatim entra en Kairouan.
primavera/verán:
inicio da guerra contra os saxóns. Carlos
conquista a fortaleza de Eresburg e
fai construír o donjon de Büraburg. Destrúe o ‘irminsul’, santuario pagán.
Desiderio ocupa
prazas que pertencen ao bispo de Roma cando Hadriano I rexeita apoiar as
reivindicacións da viúva de Carlomán.
Apodérase de Ravenna, das cidades da Pentápole e Umbría. Asedia Roma e tenta facer coroar os fillos de Carlomán.
Hadriano I envía unha embaixada a Thionville
ao final de ano que acorda unha alianza contra os lombardos.
en Xapón os que
poñen en produción novas terras son exentos de tributación.
Offa de Mercia exerce soberanía directa sobre Sussex. A continuación depón ao rei de Kent, Egbert II.
al-Mansur ordena impor marcas distintivas nas mans dos cristiáns e
os xudeus de Xerusalem.
Ningún comentario:
Publicar un comentario