representación de Estevo II www.gecoas.com |
febreiro: en Soissons Pipino o Breve é coronado novo rei dos
francos por Bonifacio, co
consentimento de Zacarías; fin dos
merovinxios.
marzo, 22: morre
Zacarías e tamén, Estevo, o seu sucesor, catro días despois sen ser consagrado.
É elixido un novo sucesor, que tamén toma o nome de Estevo (II).
Pipino inicia unha
campaña no val do Ródano, na Septimania, en poder musulmán. Recibe a lealdade
do comes godo Ansemundo e conquista Nimes, Malquelh, Agda e Béziers.
Pipino sitia Narbo, defendida por musulmáns e godos,
que resisten grazas ás subministracións que lles chegan por mar dende flotas
árabes.
Aistulfo rende ou destrúe os últimos continxentes imperiais no exarcado.
Plántase ante as portas de Roma. Estevo, por medio dunha legación, reclama que
Pipino cumpla o prometido a Zacarías.
Pipino esixe que Estevo
llo pida en territorio franco, para o cal xestiona unha salvoconduto ante
Aistulfo. Pipino, austrasiano, fixa o encontro en Neustria, Prüm, para reforzar alí a súa autoridade.
xuño: Estevo II ten que
atravesar Ticinum, capital lombarda,
e prodúcense negociacións co Aistulfo, que aposta que Pipino nom vai acceder ás
peticións de Estevo.
batalla de Burford: Ethelbald de Mercia ten que defender a
súa supremacía ante Cuthred de Wessex,
que sae vitorioso na guerra entre ambos reinos.
morre Teudebur de Alt Clut, sucedido por Dumnagal III, que perde a rexión de
Kyle a mans dunha invasión conxunta de Óengus
I dos pictos e Eadberht de
Northumbria.
Abd al-Rahman ibn Habib al-Fihri, gobernante de Ifriqiya, despacha un exército que
recupera a Tripolitania, en mans dos ibadíes, facendo que se teñan que
refuxiar nos montes Nafusa.
al-Fihri tamén ordena atacar Cerdeña, con certo éxito, e Sicilia, sen éxito.
al-Fihri tamén ordena atacar Cerdeña, con certo éxito, e Sicilia, sen éxito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario