maqueta da fortaleza de Staraja Ladoga www.nortfort.ru |
Grifo rebélase contra Pipino co apoio dos bretóns mais é derrotado e foxe cara Italia para porse ao servizo de Aistulfo; sen embargo, é interceptado nos pasos alpinos e inmediatamente executado.
Desiderio, poderoso duque lombardo, e Ansa, a súa dona, fundan un mosteiro en Brescia, especialmente ben dotado, con terras procedentes do pai e irmáns dela; a súa filla Anselperga convértese na abadesa.
existen fundacións por parte da nobreza semellantes, quizás unha estratexia da nobreza lombarda para protexer os seus patrimonios dunha previsible conquista franca.
os documentos retratan a
Anselperga mercando e intercambiando propiedades con moita enerxía,
comisionando portas de ferro para a igrexa do mosteiro, construíndo un sistema
hidráulico para fornecer os baños, ...
outono: Estevo II negocia en Ticinum con Aistulfo a devolución do
exarcado pero os termos son rexeitados polo lombardo.
novembro: Estevo pasa os
Alpes ata territorio franco.
os escandinavos fundan Staraja Ladoga (no norte de Rusia); en
pouco tempo convértese nun próspero centro de intercambio onde se comercia con
xoias, ferramentas, ...
Sevar, khagan búlgaro, morre logo de reinar 15 anos; sucédeo Kormisosh, do clan Vokil.
Sevar, khagan búlgaro, morre logo de reinar 15 anos; sucédeo Kormisosh, do clan Vokil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario