Pedro de Montes, fachada mosteiro fundado por Frutuoso es.wikipedia.org |
xaneiro: ‘Amr ibn
al-‘Ās captura Pelusium, no delta
do Nilo, logo dun asedio de dous meses; tamén Memphis, que os bizantinos abandonan precipitadamente para
retirarse a Alexandría. Chegan
reforzos baixo Zubayr ibn al-Awam
desde Madinat, e tamén son recrutados
beduínos do Sinaí, tribos de Rashida e Lakhm, que nutren os continxentes
musulmáns.
Frutuoso de Braga escribe regula
monachorum, para os monxes de Compludo.
febreiro, 21: morre Pipino
de Landen. Otto, é o sucesor como mordomo de palacio en Austrasia.
Taizong toma como concubina a Wu Zhao, filla dun xeneral leal. Desde entón rivalidade aberta entre ela a emperatriz Wang, estéril.
Taizong toma como concubina a Wu Zhao, filla dun xeneral leal. Desde entón rivalidade aberta entre ela a emperatriz Wang, estéril.
maio, 28: Severinus
é finalmente consagrado, pero condena o monotelismo; en represalia, o gobernador
de Roma, Mauricio, saquea Letrán, e dise que o bispo ‘morre’ da pena.
maio: asedio da fortaleza de Babylon polos musulmáns, pero os bizantinos logran rexeitar todos
os ataques.
xullo, 6: na batalla de Heliopolis o exército musulmán (15000 homes) baixo ‘Amr ibn al-‘As
derrotan as forzas bizantinas logo de dividir as súas tropas en tres partes,
que rodean os bizantinos.
outubro, 6: os musulmáns ocupan Dvin en Armenia.
Xonás de
Bobbio, en cumprimento dunha promesa aos monxes
Bobbio durante unha visita o ano anterior, comeza a escribir vida de Columba.
Penda de
Mercia ataca East
Anglia, e Ecgric, o rei, morre
na loita, sendo sucedido polo rei Anna.
outubro: Cyrus de
Alexandría inicia negociacións co xeneral árabe Amr, sendo chamado a
Constantinopla e defenestrado por Heraclio.
Earconberht
I e Eormenred,
reis conxuntos de Kent, como
sucesores de Eadbald.
Caesarea
Maritima cae en mans musulmáns, último punto de apoio
bizantino en Palestina.
morre Armah,
rei de Aksum, último testemuñado nas
moedas.
Disibod comeza a súa misión en territorio franco, nos Vosgos e
nas Ardenas.
durante o reinado de Tulga,
os bispos cobran grande autoridade e defínense zonas no territorio godo: Callaecia, Hispania e Septimania.
Heraclio envía misioneiros cristiáns a Croacia, seguindo
o chamado do knez de Dalmacia Porga de Croacia.
Liderico funda Lille, e mata a Phinaert nun duelo para vingar as mortes de seus pais.
decembro, 21: os musulmáns capturan Babylon logo de sete meses de asedio grazas a que unha noite abren as
portas da cidade. A Thebaida cae en mans do califato.
decembro, 24: inicio do bispado de Xoán IV, aceptado polo exarca de Ravenna.
Taizong comeza unha campaña contra os estados Xivu, na conca do Tarim. O xeneral Hou Junji
captura Gaochang para consolidar o
dominio chinés no centro de Asia.
misioneiros nestorianos constrúen a pagoda Daqin (que significa ‘imperio romano’ en
chinés) en Chang’an.
moitos monofisitas de Exipto refúxianse en Nubia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario