reconstrución do palacio real sasánida en Ctesiphonte www.bloganavazquez.com |
marzo: asedio de Ctesiphonte.
os musulmáns (15000 homes) baixo Sa’ad ibn Abi Waggas toman Ctesiphonte
logo de dous meses de asedio. Yazdegerd
III foxe co tesouro imperial cara o leste e os persas reorganízanse arredor
de Nehavend, cerca de Ecbatana, antiga capital meda. Os
musulmáns chegan ata Khuzestan.
abril: un exército musulmán baixo ‘Amr
ibn al-‘As ocupa Xerusalem logo
dun asedio de seis meses. Pérdese o rastro á ‘vera cruz’.
Heraclio non reacciona logo da batalla Yarmuk porque chega á convicción de que estes territorios non
queren formar parte do imperio bizantino. Syria
e tamén Exipto son monofisitas e están tan lonxe dos bizantinos como dos
musulmáns. Nin son leais nin o van ser nunca.
maio, 1: inicio das sesións do concilio de Clichy.
batalla de Hazir:
forzas musulmás (17000 homes) baixo Khalid
ibn al-Walid derrotan os bizantinos cerca de Qinnasrin (N de Syria). Beritus
e Tiro caen en mans de Yazid ibn Abi Sufyan logo de curtos
asedios.
outubro: Khalid conquista Aleppo logo dun asedio de catro
meses. Unha columna baixo Malik
al-Ashtar é enviada a tomar Azaz.
outubro: batalla da ponte de ferro, na que Khalid derrota
os bizantinos e cristiáns árabes no río Orontes, onde Antioquía. Supón a case
completa anexión de Syria ao califato
musulmán.
derrota do reino de Dalriada
baixo Domnal contra os irlandeses de
Uí Néill na batalla de Mag Rath.
logo da rebelión dos xefes vascóns de Aquitania contra Dagoberto I este
consigue sometelos novamente, obrigándoos a prestarlle xuramento de fidelidade
en Clichy.
tamén se aproveita para reverter a situación provocada
polo duque de Bretaña Judicael, quen
tamén lle presta xuramento de fidelidade en Clichy, converténdose Dumnonia en protectorado franco.
batalla de Jalula:
os musulmáns derrotan as forzas persas baixo Farrukhzad onde o río Diyala.
Capturan Tikrit e Mosul, completando a conquista de
Persia. A rexión ao oeste dos montes Zagros
é anexada ao califato Rashidun.
Chang’an é probablemente a cidade máis poboada do mundo.
Seondeok de
Silla constrúe un observatorio astronómico cerca
de Gyeongju, un dos máis antigos dos
que se ten constancia en Asia oriental.
Songstsän
Gampo constrúe o primeiro palacio de Potala, en Lhasa.
os musulmáns substitúen o zoroastrismo polo islam en
Mesopotamia. Non obrigan a mudar a fe aos seus súbditos pero si que acepten o
Corán como a doutrina divina e obrigaranos a aprender a lingua árabe.
un exército musulmán tenta conquistar Thana (próxima á actual Bombay).
un exército musulmán tenta conquistar Thana (próxima á actual Bombay).
Ningún comentario:
Publicar un comentario