Lindisfarne www.flickr.com |
xaneiro, 21: batalla de Firaz na que os árabes Rashidun
(15000 homes) baixo Khalid ibn al-Walid
derrotan unha combinación de bizantinos, persas e árabes cristiáns en
Mesopotamia, moi superiores en número.
febreiro, 4: batalla de Dathin, na que forzas Rashidun baixo Yazid ibn Abi Sufyan derrotan os árabes cristiáns nas proximidades
de Gaza. Os xudeus locais celebran a vitoria musulmá ao ter sido perseguidos
polos bizantinos.
febreiro, 15: Khalid asiste de xeito clandestino en a Meca á peregrinación anual, antes de
trasladarse a al-Hira.
abril: catro exércitos musulmáns comandados
respectivamente por Amr, Yazid, Shurahbil ibn Hassana e Abu
Ubaidah ibn al-Jarrah xúntanse nas ribeiras do Yarmouk, na fronteira bizantina.
Abu Ubaidah ibn al-Jarrah invade Palestina e Khalid
diríxese cara Syria desde al-Hirah coa metade do seu exército, uns
8000 homes.
batalla de Qarteen:
Khalid derrota os ghassánidas,
capturan al-Qaryatayn e outras
cidades da zona.
abril, 24: batalla de Marj
Rahit, na que Khalid derrota os bizantinos e os seus aliados ghassánidas (15000 homes) e envía unha
columna de cabalería a saquear os arredores de Damasco.
os musulmáns toman a cidade de Bosrah, ao leste do Xordán, que tiña un continxente de 12000 homes.
Khalid impón o pagamento dun tributo.
Dagoberto I destitúe a Pipino
de Landen do seu cargo de mordomo de palacio e reteno en Neustria. O seu posto ocúpao Ansexisel, fillo de Arnulfo de Metz, que casa con Begga,
filla de Pipino. Ansexisel colabora nas súas funcións con Cuniberto de Colonia.
para consolidar a sucesión, e para contentar a nobreza de
Austrasia, Dagoberto I nomea rei a Sixeberto
III (3 anos), fillo seu con
Ragnetruda.
Dagoberto I tamén estende a súa
autoridade sobre os bretóns.
Eanfrith de Bernicia e a súa escolta persoal son
asasinados por Cadwallon ap Cadfan de Gwynedd durante unhas negociacións de paz. Oswald, irmán seu
e un dos fillos de Ethelfrith de Northumbria, cristián céltico, exiliado en Iona (Dál Riata) e regresa do exilio logo de 18 anos.
Oswald, apoiado por escotos e pictos mata a Cadwallon na
batalla de Heavenfield e unifica Deira
con Bernicia e convértese no novo rei
de Northumbria, aliándose con Wessex, mediante o seu casamento coa
herdeira do rei.
morre Suintila no
ostracismo.
Heraclio, enfermo e feble, con escasa popularidade en Oriente, é
incapaz de dirixir o exército na súa resistencia fronte a nova ameaza árabe.
Envía a Theodoro, irmán seu, para
reunir forzas e recuperar territorios perdidos pero os monofisitas e os xudeus
apoian a intervención árabe.
xullo, 30: os musulmáns derrotan en Ajnadayn, ao SO de Xerusalem, aos bizantinos (9000 homes) dirixidos
por Theodoro. Heraclio, en Emesa,
retírase a Antioquía. A rexión dos ghassánidas e Palmira caen en mans musulmáns.
agosto, 23: morre Abu
Bakr, que é sucedido por Umar ibn
al-Chattab, un dos colaboradores máis próximos a Muhammad, como 2º califa do islam.
setembro, 19: Khalid ibn al-Walid ocupa Damasco, a primeira cidade de certa
entidade. A quen o desexe permíteselle retirarse a Antioquía, sen ser atacados.
batalla de Maraj-al-Debaj:
sen embargo, unha columna bizantina con refuxiados de Damasco (10000 homes) é
aniquilada cerca de Antioquía.
outono: os persas baixo Bahman Jadhuyih (10000 homes) derrotan un exército musulmán que se
internara en Persia na ‘batalla da ponte’, no Eufrates, cerca de Kufa. Os elefantes persas desbandan os
musulmáns pero o xeneral persa non os persigue nin aniquila.
inicio de hostilidades entre o Tíbet e o imperio chinés.
escríbese en Madinat
o ‘diwan’, que regula a distribución
dos despoxos da guerra contra os bizantinos e que logo servirá de norma para o
financiamento dos estados musulmáns.
Taizong ordena construír o palacio Daming, residencia imperial de verán, como agasallo persoal a seu
pai.
Sophronios, patriarca de Xerusalem, monofisita e vehemente opositor
a Heraclio. Envía cartas a Honorio I e
o resto de patriarcas de oriente explicando as súas posturas teolóxicas.
Heraclio decreta a conversión obrigatoria de todos os
xudeus do imperio.
o reino Tuyuhun
é invadido por tropas chinesas baixo Li
Jing, xeneral da dinastía Tang.
Aidan de
Lindisfarne, misioneiro irlandés, é chamado por Oswald
para fundar un bispado na sagrada illa de Lindisfarne
e restablecer o cristianismo en Northumbria.
Birinus, misioneiro franco, desembarca no porto de ‘Hamwic’ (cerca do actual Southampton) na súa misión para reintegrar volver Wessex no cristianismo.
Birinus, misioneiro franco, desembarca no porto de ‘Hamwic’ (cerca do actual Southampton) na súa misión para reintegrar volver Wessex no cristianismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario